Nesta ocasión haberá mares en Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña:
A estas concentracións súmaranse as que se celebrarán no resto do estado español polos mesmos motivos, e que terán lugar en Barcelona, Madrid, Ponferrada, Salamanca, Granada, Almeria, Huelva, Malaga e Valencia.
Non podemos permitir o deterioro que está a sufrir a asistencia sanitaria, a derivación constante ós centros privados cando temos as nosas instalacións pechadas, cun claro obxectivo de trasbasar o noso orzamento público ás contas de resultados da Alemana Fresenius-Helios (Quirón) e outros entidades privadas.
O gasto en doentes de hepatite C disminuiu case un 70% no periodo Xaneiro-Agosto deste ano, en comparación co mesmo periodo do ano anterior, o que nos convirte nunha das comunidades onde mais baixou esta partida, mentres, moitas doentes estan sen tratamento, como os cidadáns que están nos cárceres.
Seguen os colapsos nas urxencias, seguimos sin un plan de prevencion do suicidio cunha media de mais dun morto ao día por este motivo. A merma de persoal provoca constantemente situacións de risco que en calquera momento poden acabar en traxedia, como o denuncia o Movemento Galego da Saúide Mental que dí que no Hospital Nicolas Peña de Vigo queda pola noite un profesional a cargo de 17 enfermos. A resposta da dirección é que si hai problemas que chame ao 061. Parece unha broma de mal gusto. Estase a xogar coa vida e a saúde da cidadanía.
Nalgúns sitios non se sustituen as matronas, sencilla e tranquilamente din que o “SERGAS nunca sustitui as matronas nas vacacións”. Do que non se decatan estos ¿responsables? é que os partos e as complicacións non se van de vacacións.
Seguimos sen ter noticias da información solicitada sobre as listas de agarda ocultas, dos informes que avalen as derivacións á sanidade privada e da oficina de atención ao paciente no Hospital Materno Infantil de A Coruña.
Sobre os informes económicos das derivacións o Consello de Contas de Galicia no seu informe dos anos 2009 ao 2012 dixo:
“El Sergas mantiene contratos irregulares con algunas empresas, que cada centro de gestión integrada elige “con criterios subjetivos” a sus suministradores, que se aplican tarifas distintas que no están apoyadas en una base documental y que se trasladan enfermos a centros concertados que no son de referencia “con perjuicio para el Sergas”. Advierte además que existe una “desproporción” en la actividad por sesiones extraordinarias de hemodiálisis que obedece a “autorizaciones de tratamientos de pacientes con sesiones diarias” con un “notable encarecimiento” para las arcas públicas.La Consellería de Sanidade no dispone de información que permita al organismo fiscalizador diferenciar el coste de los tratamientos realizados con medios públicos y con privados. Tampoco tiene este gabinete de la Xunta estudios que avalen la diferencia. Una “carencia” que, en opinión Contas, “limita la capacidad de gestión y la eficiente prestación” del servicio.”
En defintiva, segue o desprezo cara a cidadanía que esixe unha sanidade 100 pública, universal, gratuita no momento da prestación, porque xa paga os seus impostos, e de calidade.
Por iso seguiremos a sair á rúa para defender a nosa sanidade. Esta marea branca de indignación está a medrar no resto do estado español e xuntas e xuntos o conseguiremos.