A Área Metropolitana recorrerá a decisión da Xunta de non inscribila no Rexistro

A Xunta de Goberno Metropolitana reuniuse este mércores en sesión extraordinaria na que acordou presentar recurso de alzada ante o rexeitamento da Xunta de Galicia de inscribir o ente no Rexistro de Entidades Locais. Tamén abordou o Plan Cuadrienal de actividades da Área e solicitou á Xunta de Galicia a designación dos membros do Comité do Transporte Metropolitano e da Comisión de Urbanismo.

(ocultar anuncio X)
Contrata tu préstamo y gana 30€ en combustible

A segunda reunión do goberno metropolitano de Vigo acordou presentar un recurso de alzada ante a Vicepresidencia da Xunta de Galicia pola resolución de rexeitamento da inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

Abel Caballero explicou que a decisión do goberno autonómico é “absolutamente arbitraria e indebida e temos a seguridade de que será anulada por calquera tribunal” e cualificou de “gravísimo erro administrativo” esta resolución. A xuízo do alcalde, a Xunta incumpriu un elemento fundamental que é o de dar coñecemento dos documentos que citan na resolución e que non ten o Concello de Vigo, que xa reclamou esa documentación “hai tres días”.

Ademais, o goberno metropolitano adoptou decisións para continuar desenvolvendo a Lei de Área Metropolitana de Vigo como a petición á Deputación e á Xunta da designación dos seus representantes no Comité de Coordinación do Transporte Metropolitano e na Comisión de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Así, na vindeira Asemblea quedarán nomeados os representantes dos Concellos no Comité de Transporte ata o total de tres membros con voz e voto que contempla a Lei: un designado pola Xunta e dous designados pola Área, dos que un será dun municipio con transporte urbano e outro dun municipio sen transporte urbano. A Comisión de Territorio está composta por 20 integrantes: dez nomeados pola Xunta de Galicia, entre eles o Vicepresidente, e dez nomeados pola Área entre os que están o presidente da Área, e dos que cinco serán do Concello de Vigo designados polo Pleno e os outros cinco serán dos restantes municipios.

Publicidade
Cursos Vigo

Liñas estratéxicas do Plan Metropolitano
A Xunta de Goberno tratou tamén as liñas estratéxicas do Plan Metropolitano Cuadrienal de Actividades, Obras e Servizos no que figuran os obxectivos de actuación para os primeiros anos de traballo: a gobernanza metropolitana; a promoción e o desenvolvemento económico; emprego e formación; cooperación na prestación de servizos como a limpeza, os residuos sólidos ou a auga “buscando un mecanismo de cooperación”; a cohesión e os servizos sociais; sanidade e saúde, onde segundo o rexedor vigués hai serias deficiencias e queremos propoñer reformas para que a Área teña presenza nalgúns ámbitos; educación; promoción turística; promoción cultural e protección do patrimonio; planificación e xestión do medioambiente; mobilidade e transporte; ordenación do territorio e cooperación urbanística; infraestruturas e equipamentos; seguridade para coordinación de bombeiros, Protección Civil ou Policía e as tecnoloxías da información e comunicación.

Para Caballero a reunión foi “moi importante” e serviu para a posta en común por unanimidade, dixo, das cuestións que afectan á cidadanía que é “o que realmente importa”.

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

NOTICIAS PATROCINADAS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Anúnciate aquí

http://www.noticiasvigo.es

Anuncio de texto en todas las páginas por 12€.

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá