Onte a Galiza caníbal viuse en Dozón

Despois de tantas denuncias para que se parase a barbarie do campionato de caza do raposo en Dozón levose acabo. Ata 160 cazadores participaron nesta actividade que consiste en cazar cuantos máis raposos posibles. Os animalistas de Libera lembraban esta semana que ata no Reino Unido prohibiuse esta práctica, tradicional alí. A Federación de Caza […]

As mobilizacións do persoal de Maderas Iglesias forzan a intervención da Xunta

Fixeron falta numerosas mobilizacións e xestións institucionais en Concellos, Xunta e Parlamento galego para que a Consellaría de Economía, Emprego e Industria se comprometese finalmente a intervir no conflito laboral de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa en perigo de liquidación a causa da grave situación económica […]

O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

A CIG-Ensino demanda a retirada dos novos temarios de oposicións

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) negouse, esta mañá, na Mesa Sectorial do Estado, a reabrir a negociación do sistema de acceso e ingreso na función docente. Deste xeito, a modificación do Real Decreto de Acceso publicarase previsibelmente en febreiro e os novos temarios non entrarían en vigor antes de 2020. A CIG-Ensino […]

Arquivan a denuncia da CIG malia recoñecer ilegalidade na xestión dos helicópteros de incendios

O titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela vén de arquivar provisionalmente a causa aberta a raíz da denuncia que a CIG-Administración Autonómica presentou na Fiscalía no ano 2012 pola adxudicación a dedo da contratación do servizo de helicópteros e brigadas as empresas Inaer e Natutecnia, respectivamente. Para o sector estamos […]

A CIG manifesta a súa rotunda oposición a ampliar o período de cálculo das pensións a toda a vida laboral

A CIG considera que o anuncio da Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, de reformar novamente o sistema público de pensións ampliando o período de cálculo a toda a vida laboral é “alarmante”. A central sindical manifesta o seu absoluto rexeitamento á posta en marcha desta ou doutras medidas similares que teñen como […]

O persoal de xustiza está chamado a mobilizarse en Santiago o 25 de xaneiro

Á espera de que se produza unha nova reunión entre a representación social e a Xunta de Galiza, o comité de folga continúa adiante coa convocatoria do paro xeral na administración de xustiza galega do vindeiro xoves 25 de xaneiro. Coincidindo coa folga, para ese día está convocada tamén unha manifestación en Santiago de Compostela, […]

A libraría viguesa Cartabón gañadora dos Premios Fervenzas 2017

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de […]

‘SOS Sanidade Pública’ chama a mobilizarse contra a política de demantelamento da sanidade do PP

Representantes da plataforma SOS Sanidade Pública compareceron esta martes en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de concentracións comarcais para o vindeiro día 24 de xaneiro e unha manifestación nacional en Compostela para o día 4 de febreiro, ás 12:00 horas, con saída da Alameda. A plataforma denuncia a política de recortes, privatizacións e […]

Instan a E. Leclerc e ao centro comercial da Abella a “facer o máximo esforzo” para manter 58 empregos

O persoal de E. Leclerc e a CIG-Servizos instan a empresa francesa de supermercados e a empresa propietaria do centro comercial da Abella (Lugo) a realizar “o máximo esforzo” para facer posíbel a continuidade do hipermercado e dos 58 postos de traballo”. O grupo francés formulou un ERE de extinción para a totalidade do cadro […]

As traballadoras/es de Confecciones Guerral bótanse á rúa en Lalín para reclamar o pago dos salarios

O cadro de persoal de Confecciones Guerral, compañía dezana do sector téxtil que se atopa en proceso de liquidación, botouse á rúa este sábado día 13 en Lalín para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar. Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra denuncian que a propietaria da empresa posúe un patrimonio duns 15 […]

Reclaman incorporar 256 vacantes de PT e AL no Concurso de Traslados de Mestres

Un estudo da CIG-Ensino revela a existencia de centos de prazas das especialidades Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo. Incorporar estas 256 prazas, a maiores das ofertadas no Concurso Xeral de Traslados, para as especialidades […]

Persoal, pacientes e usuarios do CHUO mobilízanse contra o peche de máis camas

Persoal, pacientes e usuarios/as do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) mobilizáronse este venres 12 diante do centro sanitario para denunciar o peche de camas que vén de anunciar o Sergas. Ao mesmo tempo, a comisión de centro, promotora das protestas, solicitou unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para abordar o que cualifica de ofensa […]

Política Social prima o baixo custe dun contrato público e deixa na rúa o persoal dun centro especial de emprego

Logo de adiar  a adxudicación do lote 3 correspondente á comarca de Ferrolterra, a Consellaría de políticas Sociais vén de adxudicar finalmente o concurso público do 065, á UTE Monforte S.A.-Castromil S.A.- Rías Altas S.A. A FGAMT-CIG xa alertou no seu momento que a nova empresa comunicara a actual concesionaria do servizo  a súa intención […]

O persoal de Confecciones Guerral mobilizarase para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar

As traballadoras/es de Confecciones Guerral, compañía lalinense do sector téxtil que se atopa en proceso de liquidación, mobilizaranse este sábado día 13 para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar. Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra denuncian que a propietaria da empresa posúe un patrimonio duns 15 millóns de euros e mantén débedas […]

Rexeitan a zonificación escolar viguesa porque tería “graves consecuencias” para o ensino público da cidade

Preto de 20 colectivos sindicais, educativos, políticos e veciñais de Vigo -entre eles a CIG- entregaron hoxe un escrito na delegación da Xunta no que rexeitan a proposta de zonificación escolar remitida pola inspección educativa e solicitan a súa paralización ao entender que tería “graves consecuencias” para o ensino público vigués. Segundo denuncian, a proposta […]

Denuncian os colapsos no servizo de Urxencias do Hospital Clínico

A CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar a saturación do servizo de Urxencias do Hospital Clínico. “Atópase unha vez máis, nunha situación de cronicidade pola saturación dos doentes, camas e familiares nos corredores, coa consecuente sobrecarga de traballo para as e os profesionais. Unha imaxe habitual ano trás ano”, denuncia. Asegura que a Xerencia de […]

A última ocurrencia de Feijóo, máis camas nas habitacións

Ante as últimas declaracións de Nuñez Feijoo de que para acabar cos colapsos dos servizos de urxencias hai que aumentar as camas das habitacións dos hospitais (a costa do confort dos pacientes) desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública ven comunicar que reiteran a sua denuncia de que o colapso do sistema […]

A fundación juegaterapia.org construirá un cinema no Hospital Álvaro Cunqueiro

Se os peques ingresados senten ganas de ir ao cinema e non poden porque teñen que cumprir certas condicións de illamento, pois a fundación juegaterapia.org construirá un cinema no Hospital Álvaro Cunqueiro así o viñan a comunicar no seu perfil de facebook, manifestaban que xa teñen todos os fondos necesarios para construir o cinema , […]

A Xunta, denunciada perante a Inspección de Traballo por non facer as medicións de gas radon

O sector da CIG-Administración Autonómica vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social para que obrigue á Xunta a facer unhas medicións que xa debera ter feito por si mesma ou a instancia do persoal e delegados/as de prevención. Demanda que unha vez medido, de ser preciso, faga as obras […]

Unha sentenza do TSXG limita a discrecionalidade de Educación na oferta de vacantes do CXT

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de darlle a razón á CIG-Ensino ao limitar a discrecionalidade da Consellaría de Educación  na oferta de vacantes dos concursos de traslados. O alto tribunal falla así a favor dunha docente, defendida pola central sindical, na demanda contra a retirada dunha vacante da adxudicación provisional. Para a […]

O Vigo que [NON]  sorrí, unha exposición urbana sobre a cidade que non vemos

Activistas de diferentes colectivos sociais portarán as imaxes desta obra itinerante que busca denunciar a exclusión social na que malviven miles de vigueses. Unha vintena de retratos para ilustrar Ou Vigo que [NON] sorrí, un traballo fotográfico que trata de mostrar a outra cara da cidade, o Vigo que non vemos. Activistas de diferentes colectivos […]

“Carlos e Serafín son hoxe exemplo dos dereitos que temos que reconquistar”

Centos e centos de traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT participaron hoxe na concentración convocada diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para reclamarlle ao Executivo de Mariano Rajoy que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de cadea por participar nunha […]

O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Sargadelos: sete anos despois, a nulidade do ERE é firme

O Tribunal Supremo vén de comunicar  a non aceptación do recurso interposto por Cerámicas Sargadelos (Cervo) contra a sentenza que declaraba a nulidade do ERE formulado e parcialmente aplicado pola empresa no ano 2010. Esta resolución, que dá a razón ao defendido pola CIG, pon fin ao longo camiño administrativo e xudicial que as traballadoras […]

1 2 3 56