Consideran insuficientes os horarios da nova liña de autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A asociacion veciñal convoca unha asemblea o mércores 22 ás 19:30 horas, no local da asociación
Por o 17/02/2017 | Sección: A.V. Teis,Social,Vigo
Consideran insuficientes os horarios da nova liña de autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada onte por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro.

A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada.

Si un veciño/a de Teis, quer desprazarse en autobús ao hospital fora deste horario. Cal é a alternativa? Que servizo haberá os sábados, domingos e festivos?.

Desde esta asociación, levamos meses denunciando, convocamos 7 manifestacións, recollemos case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.

Non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano.

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha asemblea este vindeiro mércores 22 de febreiro ás 19:30 horas, no local da asociación, para coñecer a opinión da veciñanza. A xunta directiva trasladara nesta asemblea unha proposta alternativa de horarios a presentada polo Concello, para que a veciñanza decida.

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.