Esquerda Unida denuncia a complicidade coa que algúns medios de comunicación manteñen argumentos que xustifican comportamentos machistas

Dende Esquerda Unida esixen a retirada inmediata do artigo de opinión dos medios galegos que o recolleron e que aínda está visible en Internet.

Esquerda Unida reitera o seu compromiso de loita contra a violencia machista denunciando que algúns medios de comunicación permiten que nas súas páxinas se recollan artigos “de opinión” onde se denigra á muller. “Concretamente, onte padecemos esta miseria machista nun artigo aparecido en algúns medios galegos onde un home equiparaba á vítima e verdugo, mantendo viva a idea de que a violencia machista é culpa da muller: é dicir, que se da porque a muller o permite”, critica a responsable de políticas sociais de Esquerda Unida, Sofía Díaz.

“Como xa denunciáramos, é o sistema patriarcal o que aínda hoxe somete, en diferentes eidos, á muller a un rol no que é explotada polo mero feito do seu xénero. Consideramos que os artigos de opinión onde se len barbaridades como: ‘Mujeres que se somenten a sus asesinos voluntariamente’ non son acordes ao século XXI onde a loita pola igualdade real entre homes e mulleres é un obxectivo aínda a alcanzar”, explica Sofía Díaz.

Dende Esquerda Unida esiximos a retirada inmediata da publicación dos medios galegos que a recolleron. Desgraciadamente, sabemos que este caso non é illado, xa que as mulleres soportamos situacións de desigualdade e acoso diariamente por todo tipo de homes, como o que escribe ese artigo “de opinión” que nunca debería ver a luz, xa que os medios si que teñen unha responsabilidade legal e ética ante as barbaries indefendibles plasmadas en aberrantes artigos dos seus colaboradores.

Sube tu movil

Por último, manifestamos a nosa repulsa ante as verbas sexistas e extremadamente violentas que fan tanto dano ao traballo que levamos facendo e trasladando á sociedade durante anos,sabendo que o feminismo é imprescindible e representa unha alternativa política global e integradora nun modelo de sociedade pola que traballamos: respectuosa, xusta e igualitaria.

“As vítimas mortais de agresións machistas son só a parte máis dramática dunha problemática con raíces moi fondas e, detrás de cada xesto, e tamén de cada verba, se atopa un sistema patriarcal que dende Esquerda Unida traballaremos para erradicar”, remata Sofía Díaz.

RelacionadoO Colexio de Xornalistas considera inaceptable culpabilizar as vítimas da violencia machista



EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá