O grupo Rebelión dos Kioskos fai un comunicado

Dito comunicado e apoiado pola Asociación da Prensa da Comunidade de Madrid
Publicado por o día 19/07/2016 na sección de Cultura,Vigo

O grupo Rebelión dos Kioskos fai un comunicado

REBELIÓN DOS KIOSKOS é un grupo creado por profesionais da venda de publicacións de diversas partes do territorio nacional, e desde aquí queren facer pública a súa situación.

Unha situación que os está levando á quebra e posterior peche dos dos negocios. Isto ocorre, principalmente, non pola baixada de vendas, nin por internet, nin pola xa manida crise, senón que é debido ao abuso do monopolio do sistema establecido de distribución da prensa nacional e revistas.

As distribuidoras mándannos a mercadoría que queren, din dende o colectivo nos quioscos e engaden que lles mandan ás cantidades que queren, as mercaderías pedidas polos kioscos se as cobran por adiantado -aínda que teñen dereito a unha devolución á semana, esta non se fai efectiva, cun pouco de sorte, ata a semana seguinte-.

Ademais os kioscos lles cobran por traballos auxiliares ou de xestión do servizo, -ou sexa: “portes” de toda a vida- pagándolles ata case 5.000€ + IVE ao ano por quiosco. Saíndo da sua paupérrima ganancia que é de 20-25% sobre o PVP sen IVE.

Como dato, soamente nestes dous últimos anos, en Galiza, pecharon uns 100 quioscos cada ano. Coa intención de que acabe este peche máximo de quioscos, desde aquí lles queren pedir ás DISTRIBUIDORAS que:

  • Cambien o seu sistema de cobro. Que se cobre sobre o vendido, non sobre o enviado.
  • Eliminen o cobro de traballos auxiliares ou xestión de servizo.
  • Que podamos axustar as subministracións segundo as nosas necesidades de vendas. as cantidades e a mercadoría que necesitemos.

E no seu papel como intermediarios coas EDITORIAIS que:

  • Inclúan os gastos de manipulación e transporte que nos cobran no prezo de Venda.
  • Discriminense as publicacións e a nosa comisión en función do IVE. pois unha inmensa maioría xa levan un 21%.
  • Que se nos retribúa polos traballos extraordinarios, como encartes publicitarios, vendas dobres, etc.