En Marea propón unha bonificación de ata o 90% no IBI para as rendas máis baixas e aumentar o imposto para as vivendas baleiras un 50-75%

Alexandra Fernández: “Hai que definir na lei o concepto de vivenda baleira para que os concellos poidan acometer unha política fiscal que favoreza o acceso á vivenda”.

Antón Sánchez: “Dende a chegada de Rajoy ó Goberno a recadación do IBI en Galicia incrementouse nun 50%, gravando as clases traballadoras e privilexiando as grandes fortunas”.

 A deputada no Congreso dos Deputados Alexandra Fernández e o viceportavoz do grupo parlamentario de En Marea, Antón Sánchez compareceron esta mañá no Parlamento de Galicia para informar da petición ó Goberno do Estado para que permita aos concellos regular unha bonificación de ata o 90% do IBI en función da renda e que defina o concepta do “vivenda baleira” para poder aplicarlles unha maior carga impositiva.

Froito deste traballo interinstitucional de En Marea, Alexandra Fernández agarda darlle continuidade a esta proposta a través da Comisión de Facenda no Congreso para que os concellos logren un novo marco xurídico “que lles permita facer bonificacións ás persoas máis desfavorecidas e aplicar recargos ás vivendas baleiras para garantir o dereito constitucional de acceso á vivenda ”. Para a deputada de En Marea “o IBI foi empregado nos últimos anos como un mecanismo de recadación por parte dos concellos asfixiados polos recortes do PP e o seu dogma de teito de gasto”.

Para o vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez o obxectivo prioritario da iniciativa, a primeira aprobada nesta lexislatura pola Cámara galega, é corrixir a política fiscal do PP aplicada durante os últimos anos, que grava as clases traballadoras mentres privilexia as grandes fortunas, incrementando as desigualdades sociais. “Durante os anos da crise cando nos dicían que todos tiñamos que arrimar o ombreiro as maiorías tiveron que facer enormes esforzos mentres que os que causaron a crise saíron reforzados economicamente”, denunciou Sánchez, tras explicar que dende a chegada de Rajoy ó Goberno en Galicia incrementouse a recadación do IBI en preto do 50%.

Os dous parlamentarios coincidiron na necesidade de desenvolver na norma de xeito inminente a definición de vivenda baleira pois nestes momentos “os concellos non poden empregar este instrumento para facer do IBI un imposto máis xusto e mobilizar as 600 mil vivendas baleiras que ten este país, moitas delas mercadas con fins especulativas”.


EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá