Peche de 12 horas polo dereito a vivir dignamente

Por o 13/02/2014 | Sección: PAH Vigo,Social,Vigo
Peche de 12 horas polo dereito a vivir dignamente

peche_horario_web

  A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colectivo Imán e a Parroquia Cristo da Victoria convocamos un PECHE de 12 horas nos baixos de dita parroquia o SÁBADO 15 de FEBREIRO cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.

  Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten. Por iso convidamos a todas as persoas que desexedes sumarvos a esta iniciativa a que vos acheguedes o vindeiro sábado de 10:00 a 22:00 horas para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.

Aquí vai o programa de actividades:

10:00 – Benvida e decoración

11:00 a 12:30 – Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais…

11:00 a 13:00 – Actividades para nenxs

12:30 a 13:00 – Descanso

13:00 a 14:00 – Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.

 

14:00 a 16:30 – Xantar comunitario. Traede comida para compartir.

 

16: 30 a 18:00 – Documental: “La plataforma”. Sobre as orixes, loitas e reivindacións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

 

18:00 a 19:00 – Rap Ostiapadre. Actuación do grupo de rap de Coia. Podedes saber máis deles na súa web: ostiapadre.wordpress.com

19:00 a 19:30 – Descans

 

19:30 a 20:30 – Presentacións ILP Renda Básica e ILP Vivenda. Achegaremos toda a información sobre estas dúas iniciativas.

 

20:30 a 22:00 – Cea comunitaria. Traede cea para compartir.

 

22:00 – Despedida

PRENSA ODS COIA

Noticias de última hora en Vigo