Medio centenar de persoas concentraronse no Concello para evitar desafiuzamento de Abel e Carmela

Esta mañá medio centenar de persoas xuntaronse nas portas do Concello de Vigo para apoiar a Abel e Carmela. “Agradecemos o apoio de todas as persoas que viñeron poñer o corpo para defender o dereito de todas a unha vivenda digna, así como para denunciar que as administracións competentes -Xunta e Concello- teñen a obriga […]

A ODS-Coia convoca una concentración baixo o lema “Ningún despexo sen realoxamento. Vivenda para Abel e Carmela”

A ODS-Coia convoca o venres 8 de novembro a partires das 11:00 unha concentración diante do Concello de Vigo baixo o lema: “Ningún despexo sen realoxamento. Vivenda para Abel e Carmela”. Desde hai meses unhas compañeiras da ODS-Coia viven co medo de ficar na rúa. A parella con dúas fillas pequenas, malviven cunha RISGA. Nos vindeiros días van ser desafiuzadas da casa na […]

Tes dereito a… ser desafiuzada

Nos barrios, nas periferias resoan as verbas do alcalde de Vigo: “La oficina antidesahucios es mi mesa. Llamo yo al banco y los paro”. Declaracións que son insulto para moitas de nós, as que sufrimos a violencia cotiá de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas. Para a nosa desgraza os cartos que escasean para políticas […]

O Concello de Vigo deixa sen praza no albergue a beneficiarias de prestacións sociais

Hai tempo que o albergue municipal de Marqués de Valterra, xestionado por Cruz Vermella, está cuestionado por gran parte da veciñanza da cidade. Persoas e colectivos, como Acampada contra a Pobreza ou Os Ninguéns, levan meses denunciando o mal funcionamento deste centro que ofrece 40 prazas para persoas sen fogar. Esta mañá fomos coñecedoras de […]

Novo peche do servizo de “Coidadoras de barrio”

O 31 de outubro ficaremos sen o servizo de “Coidadoras de barrio”. Moita xente pode descoñecer en que consiste, mais moitas igual repararon en persoas que camiñan con camisolas laranxas polas rúas de Coia, Teis, Calvario, Casco Vello, Travesas ou Bouzas. Desde marzo 47 empregadas deste servizo percorren as rúas da cidade, a maior parte […]

A banca gaña por riba das nosas posibilidades

Iniciamos tomando emprestadas as verbas de Àngels unha das catro protagonistas de “Lecura fácil” recomendable novela de Cristina Molares:   “Pero no fue una cosa. Fueron cuatro:   1) La primera cosa que nos dijo fue que el gobierno me iba a pagar una pensión.   Gobierno son los políticos que salen en la tele […]

Un “cheque social” imposible de cobrar

Hai uns días o Concello de Vigo anunciaba, outro ano máis, a apertura do prazo de solicitudes do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2019”. O popularmente coñecido como “cheque social” está dotado cun orzamento de 1.640.000 € e até o 8 de maio poden presentarse […]

Sindicatos de inquilinas, en defensa dun alugueiro xusto, organizan en Vigo unha palestra

Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno. Co obxectivo de avanzar na reivindicación colectiva dos nosos dereitos convidamos a unha compañeira do Sindicat de Llogaters de Barcelona para falar sobre a súa experiencia neste sindicato. Estes sindicatos nacen “como una iniciativa transversal pero […]

Núñez Feijóo pasará a cobrar a RISGA mentres a Xunta non publique o decreto

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano. Como únicos ingresos contará coa RISGA. Con este xesto, o presidente galego quere amosar a súa solidariedade cos miles […]

Por que as pobres non queren traballar?

Cantas veces temos escoitado que “as persoas que cobran axudas viven moi ben e que por iso non queren traballar”. Do mesmo xeito, canta veces teñen dito cargos políticos de diferente cor que “a mellor política social é o emprego”. Devolver ou “insertar” no mercado laboral a persoas e/ou colectivos que están fóra ou nas marxes deste, […]

Caballero frivoliza coa nosa miseria

O pasado luns 8 de outubro Caballero daba unha rolda de prensa no concello, o medio do réxime, o Faro de Vigo, daba cobertura con este titular: “El cheque social bate todos los récords y el Concello pagará 5.611 ayudas desde el jueves”. O alcalde falaba ante os medios da resolución do programa de Axudas […]

Xuntanza: alumeado de nadal, crime social e ambiental

Comunicado por ODS-Coia e GAS Hai un ano denunciabamos no texto “Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)” que mentres moitas veciñas malvivían sen recursos suficientes para cubrir necesidades básicas, o goberno municipal dilapidaba centos de miles de cartos en alumeado e ornamentación de nadal. Lonxe de virar nas políticas que arelan facer de Vigo unha “cidade […]

A Oficina Dereitos Sociais de Coia comeza un novo curso cuns novos horarios

Inician un novo curso, xa son 11 anos de punto de información e denuncia en Coia, con cambios. Continuan nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo) pero mudan  ao horario de mañá, este curso 2018/19 estaremos os LUNS de 10:00 a 12:00 da mañá. Ademais deste horario de atención presencial podedes contactar, preguntar dúbidas […]

Os Tribunais volven a condenar á Xunta pola pésima xestión da RISGA

Hai uns meses contábamos como Lucía, unha rapaza da nosa cidade de Vigo, viña de gañar unha batalla persoal e xudicial coa Xunta. Lucía recorreu no Xulgado a resolución da Xunta que a obrigaba á mudarse de domicilio por estar convivindo con outra perceptora da RISGA, baixo ameaza de retirarlle a prestación. Lucía levou dita […]

A “Historia interminable” da RISGA. Sen decreto, sen dereitos

Non esquecemos que seguimos sen o decreto que ten que desenvolver a lei da RISGA, vixente dende o 1 de xaneiro de 2014. A Xunta vai para récord e acumula 4 anos de atraso na súa publicación. As últimas novas neste senso foron a publicación, nos últimos meses de 2017, do proxecto deste decreto. Tras […]

A Xunta castíganos con demoras nos pagamentos da RISGA

En breves a Xunta volverá a dar a enésima rolda de prensa, na que anunciará as “bondades” da RISGA, mentres aquelas que a percibimos ou que estamos a tramitala a padecemos.Estes días un veciño contábanos as dificultades coas que se atopou para iniciar de novo a RISGA tras uns meses no mercado laboral. Escoitamos centos […]

20M – Mesa informativa: “Rematemos coa pobreza enerxética”

Tras o obradoiro impartido por María Campuzano da Alianza Contra a Pobreza Enerxética un grupo de persoas decidimos organizar unha mesa informativa baixo o lema: “Rematemos coa pobreza enerxética”. Será o martes 20 de marzo diante das oficinas de Gas Natural Fenosa en Vigo, situadas na rúa López Mora 80. De 10:30 a 12:30 estaremos […]

Caballero aplica a “Lei Mordaza” para tentar agochar a miseria

O pasado 19 de decembro dende a Oficina de Dereitos Sociais de Coia convocabamos unha concentración na avenida de Castelao baixo o lema “Caballero, o lado escuro das políticas sociais”. O acto contaba cos permisos pertinentes, porén descoñeciamos que non tiñamos o visto e prace do alcalde. O dicimos á vista do comportamento dos axentes da […]

Obradoiro: Contra a pobreza enerxética, alternativas e dereitos

O vindeiro sábado 24 de febreiro convidamos a participar no obradoiro que baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos” conducirá María Campuzano (Aliança Contra la Pobresa Energètica- APE e Ingeniería Sin Fronteras). Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9, Vigo) a partires das 12h00. A actividade está organizada pola […]

Exposición fotográfica “O Vigo que [NON] sorrí”

O luns 5 de febreiro nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria preséntase a exposición “O Vigo que [NON] sorrí” do fotógrafo Aarón Diez. Poderá visitarse en horario de tarde até o 25 de febreiro. “O Vigo que [NON] sorrí amosa a dura realidade de algúns dos nosos veciños e veciñas. As fotografías foron tomadas durante o inverno […]

Campaña de alegacións colectivas ao decreto da RISGA

A finais de ano a Xunta penduraba o borrador do decreto que desenvolve a lei da RISGA. Xunto á publicación deste documento abren un período para presentar alegacións que finaliza o 19/01/2018. Dende a ODS-Coia elaboramosuse unha proposta de alegacións, que animamos a presentar nos rexistros da Xunta antes do 19 de xaneiro a todas aquelas […]

Corte de tráfico da avenida Castelao denunciando a pobreza de Vigo

A ODS de Coia volve ás rúas, nesta ocasión para derrotar ao lado escuro que representa “Caballero Vader”. El é un dos máximos representantes dun xeito de facer política que beneficia a uns poucos, os de sempre (Aqualia, Vitrasa, construtoras, Clece…) e que empobrécenos a moitas. Claro exemplo é que seguimos a ter uns servizos […]

Concentración: Caballero, o lado escuro das políticas sociais

Nuns días estrease a nova peli de Star Wars, en Coia non queriamos desaproveitar a ocasión para ofrecer a nosa ollada sobre esta saga. Por iso o vindeiro martes 19 de decembro convocamos unha concentración baixo o lema: Caballero, o lado escuro das políticas sociais. Será a partires das 12:00 no parque de “Os volcáns” […]

Luces (de Nadal) e sombras (de miseria)

Comunicado por ODS-Coia e GAS Na escuridade non somos quen de ver, ou cando menos de facelo con claridade. Ocorre o mesmo cando hai exceso de luz. Dous fenómenos opostos que producen o mesmo: incapacidade ou dificultade para ver. Damos a voz de alarma, xa que o 25 de novembro seremos cegadas polo goberno de […]

1 2 3 6