Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

O Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) que hoxe se somete a votación no pleno do Parlamento Europeo paréceme un insulto á clase traballadora, un insulto á mocidade precaria, un insulto ás mulleres, un insulto a tantas e tantas persoas que non teñen emprego. Creo firmemente que para realmente garantir sistemas públicos de pensións e pensións […]

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, ven de denunciar na Comisión Europea (CE) o proxecto do Porto de Vigo para transformar varias instalacións portuarias obsoletas nunha nova terminal mediante recheos de gran calado en plena Enseada de […]

13 Colectivos evidencian ante a CE a conivencia política presente nos proxectos que atacan á saúde humana e medioambiental na Galiza

epresentantes da Plataforma Non á ampliación da depuradora de Lourizán (Pontevedra), Plataforma Veciñal de Sanxenxo, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos (Teo), Plataforma Salvemos Catasós (Lalín), Plataforma Mina Touro-O Pino Non, Plataforma pola recuperación do río Sar,Plataforma Non Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural (Coristanco), Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta,Plataforma Salvemos a Comarca de Ordes, Comisión de Seguimento da minaría e defensa do rural […]

Lídia Senra: “A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo”

“Estamos ante unha situación delicada. A extrema dereita é un perigo, porque ataca os dereitos de todas as persoas, aplicando nos gobernos nos que están entrando, os programas máis duros do neoliberalismo. Por esta razón, desde a esquerda e os colectivos sociais debemos debater sobre cales son as causas do auxe do neofascismo e das forzas de […]

“É necesario que o Goberno español sente a negociar con Catalunya. Este xuízo nunca tiña que terse producido”

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra desprazouse onte a Madrid para participar hoxe no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo (TS) dende o pasado 12 de febreiro. Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os da Plataforma de Diálogo […]

Lídia Senra participa nunha delegación de eurodeputadas/os que seguirán en Madrid o xuízo aos presos políticos cataláns

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra viaxará este mércores 27 a Madrid para participar no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo dende o pasado 12 de febreiro. Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os integrantes da Plataforma de […]

Galiza reivindica no REALPE 2019 políticas públicas que garantan o dereito á vivenda e fagan fronte á especulación

 ‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’, esta é a consigna baixo a cal o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) convoca este ano o encontro da Rede Europea de Autoridades Locais e Progresistas (REALPE 2019). Ao igual que na edición anterior, convidado pola eurodeputada Lídia Senra (GUE/NGL) un numeroso grupo […]

A PAC debería ser unha ferramenta de defensa dos bens comúns e da xustiza social e ambiental

A coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo (PE), Lídia Senra, participou na tarde de hoxe na xornada “Bens comúns e xustiza ambiental. Os retos para Europa e para as autoridades locais”, convocada polas tamén eurodeputadas do GUE/NGL Eleonora Forenza (L’Altra Europa con Tsipras) […]

Unha trintena de representantes da política municipal galega acoden esta semana ao Parlamento Europeo

Case unha trintena de representantes da política municipal galega acudirán esta semana ao Parlamento Europeo. Farano nunha visita promovida pola eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, para participar no Encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (REALPE), organizado polo propio GUE/NGL. Alcaldes, concelleiros/as e persoas […]

Senra condena o apoio do PE ao golpe de Estado en Venezuela e pide respecto ao dereito internacional

O Parlamento Europeo vén de aprobar unha resolución na que os grupos socialista (S&D), popular (PPE), liberal (ALDE) e conservador (ECR) rexeitan os principios máis básicos da democracia atacando á soberanía de Venezuela a través do recoñecemento dun presidente autoproclamado fóra do marco constitucional. Diante desta decisión, a eurodeputada Lídia Senra quere reiterar a enérxica condena do Grupo da Esquerda […]

Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza

Co obxectivo de  afondar en claves de análise que permitan elaborar unha resposta conxunta da esquerda europea para facer fronte ao auxe da extrema dereita na UE, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) está a celebrar durante a tarde de hoxe a xornada internacional “Resistencias locais contra a extrema dereita en Europa”, poñendo […]

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

A deputada Lídia Senra, representante do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE), mantivo na mañá de hoxe un encontro con Laurence Cordier, asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea,  co obxectivo de intercambiar opinións ao respecto da proposta de modificación do Regulamento de […]

Lídia Senra denuncia ante o Comisario Europeo de Agricultura a contaminación de augas na Limia

A coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUe/NGL), Lídia Senra, denunciou durante a sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo a contaminación provocada pola produción industrial do modelo COREN na comarca da Limia. A súa intervención tivo lugar durante o punto da axenda de traballo reservado para establecer un […]

O proceso de autorización do glifosato está totalmente en entredito. Esiximos a súa retirada

Logo da controvertida ampliación no ano 2017 da utilización do glifosato comercializado pola transnacional agrofarmacéutica Monsanto por outros 5 anos máis, e da preocupación suscitada pola constatación do coñecemento dos efectos nocivos do glifosato na saúde por parte da Monsanto xa dende a década de 1980, en febreiro do ano pasado o Parlamento Europeo decidiu […]

“Se Sánchez quere ser coherente co discurso de hoxe no PE non pode propor uns orzamentos de terceira para Galiza”

A sesión plenaria do Parlamento Europeo acolleu hoxe a intervención do Presidente do Goberno español, Pedro Sánchez Pérez-Castejón, seguido dun debate estructurado cas eurodeputadas/os sobre o futuro da Unión Europea e un posterior encontro breve cas  eurodeputadas/dos e membros das delegacións de todos os grupos políticos do Estado español. No marco do discurso desenvolvido por Sánchez […]

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

Reunido durante esta semana en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) o Parlamento Europeo aprobou hoxe dous informes a través dos cales achega unha análise sobre algunhas das desigualdades presentes entre homes e mulleres e presenta iniciativas para facerlles fronte. “Nun momento no que precisamente hai organizacións políticas fascistas que queren utilizar os dereitos das mulleres como moeda […]

O auxe da extrema dereita é un fenómeno global que responde ás necesidades do capitalismo

Ademais de cuestións específicas relativas á actual situación do que se deu en chamar “problema chipriota”-actualmente 40.000 militares turcos ocupan o 37% do territorio chipriota e 1/3 da súa poboación, 170.000 persoas aproximadamente, é refuxiada- , ou aquelas relacionadas coa situación no Medio Oriente e no Mediterráneo oriental, esta xuntanza ten como obxectivo afondar noutras […]

Tras recibir o veto polo Concello de Vigo da xornada xornada “Mulleres e Saúde” foi un existo no Café de Catro a Catro de Vigo

“As mulleres non podemos permitir que se nos vete o acceso a espazos públicos para reunirnos, falar e debater. Tampouco podemos consentir que se intente tutelarnos e dicirnos do que debemos ou non debemos tratar para poder tomar as nosas propias decisións con respecto á saúde. Debemos defender a liberdade de expresión”. Así o defendeu […]

Cambio de sede da xornada “Mulleres e Saúde”: Café de Catro a Catro (Vigo)

A xornada “Mulleres e Saúde” (PROGRAMA) prevista para este sábado día 15 en Vigo terá lugar no Café de Catro a Catro, na Rúa de Girona Nº16. Trátase dunha xornada aberta, dirixida a todas as persoas interesadas en abordar claves de análise que permitan avanzar na transversalización da perspectiva de xénero no ámbito da saúde. Comezará ás 11:00 horas coa […]

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

Como vén denunciando nas últimas semanas a eurodeputada galega Lídia Senra, logo de que o Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) anulara no ano 2015 o acordo de libre comercio asinado entre a Unión Europea e Marrocos, e de que no 2018 anulara tamén o acordo pesqueiro, as institucións europeas están a tentar aprobar dous novos […]

Lídia Senra e Paula V. Verao promoven a constitución dunha plataforma por un sur de Lugo libre do eucalipto

A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao, promoverán a constitución dunha plataforma por un sur de Lugo libre dos eucaliptos. Con este fin, anuncian que o venres 9 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño […]

Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá venres ao preso galego Adrián Mosquera Pazos no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Para iso, terá que viaxar en coche desde Santiago, 800 quilómetros entre ida e volta, unhas 8 horas conducindo sen case parar, que é o traxecto que teñen que facer todas as semanas […]

Senra lamenta que o PE perdera a oportunidade de avanzar no cumprimento real do dereito á auga

Reunido en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) durante esta semana, o Parlamento Europeo aprobou onte unha controvertida proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano. A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou en contra deste informe ao ter deixado […]

Senra cualifica de “chantaxe” o anuncio de peche de Alcoa e advirte “se marcha, que devolva os cartos”

Ante a nova coñecida hoxe de que a empresa de capital estadounidense ALCOA ameaza -outra vez- con pechar instalacións na Galiza e noutras partes do Estado, dende Bruxelas a eurodeputada galega Lídia Senra -Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, instou á Unión Europea e aos Estados membro a que, en base ás súas respectivas […]

1 2 3 6