Marea de Vigo pide a inhabilitación definitiva do proxecto de Porto Cabral

Marea de Vigo valorou hoxe como a “única posibilidade legal” o anuncio do concello de non permitir para Porto Cabral a mesma saída que se lle deu aos ámbitos urbanísticos onde van a ubicarse centros comerciais como Recaré no entorno da Avenida de Madrid e Cruceiro en Alcabre, empregando a inclusión dos mesmos no Instrumento […]

Marea de Vigo cuestiona que o Concello empregue de xeito prioritario o instrumento de ordenación provisional para sacar adiante superficies comerciais que abafan aínda máis ao comercio local

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, denuncia que coa actuación de incluír no IOP o ámbito Cruceiro en Alcabre o pasado mes de xullo e a intención de facer o mesmo co ámbito comercial de Recaré o vindeiro martes no Consello da Xerencia de Urbanismo o Goberno local “entrega a cidade ás grandes superficies […]

BNG e Marea de Vigo devolven as invitacións de Frozen 2

As cobizadas entradas para ver a preestrea de Frozen 2, que se proxectará por primeira vez en España esta tarde nos cinemas da Praza Elíptica no marco do programa de Nadal, repartíronse onte por sorteo, pero hoxe apareceron polo menos seis pases máis rexeitados polos concelleiros de Marea de Vigo e BNG. Rubén Pérez, anunciou […]

Marea de Vigo traslada ao Grupo Común da Esquerda do Parlamento de Galicia emendas ao proxecto orzamentario do 2020 da Xunta para Vigo

Nas emendas Marea solicita que a Xunta asuma o 50% do importe do proxecto de aulas internacionais, máis de 2 millóns de euros en total, que desenvolve o Concello non polos motivos de “charlatanería de feira” expresados polo alcalde de Vigo senón porque as competencias en materia de becas son do Estado ou da Xunta […]

Marea de Vigo leva ao pleno de mañá mércores unha moción instando ás administracións a tomar medidas legais, económicas e políticas en apoio ao sector naval

A moción da Marea de Vigo destaca a función do sector industrial ligado á construción naval coma un dos motores económicos da cidade dende hai máis de cen anos, “especialmente a partir do século XIX – sinala Rubén Pérez – coa transformación dos estaleiros de ribeira, especializados na construción de embarcacións de madeira, en estaleiros […]

Marea de Vigo considera lóxico e argumentado o recurso do túnel da Porta do Sol do que se dá conta mañá na mesa de contratación do concello

Marea de Vigo considera fundamentadas e perfectamente explicadas no escrito que fundamenta o RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN que probocou (como soe ser habitual) a paralización preventiva do proceso de adxudicación e polo tanto esixirá mañá na mesa de contratación na que se da conta do mesmo “que se expliquen e contesten as fundamentacións e non se pretenda argumentar […]

Marea de Vigo ante a modificación da ordenanza de ocupación da vía pública

Marea de Vigo recibiu xa o expediente que modifica a ordenanza de aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local, na que equipara, por sentencia xudicial, a eliminar o parágrafo que establece diferencias na tributación para as empresas telefónicas soamente cando son titulares das redes. Con todo, a Ordenanza Reguladora da instalación de terrazas […]

O grupo municipal da Marea de Vigo reclama ao goberno de Abel Caballero o plan de seguridade do carril bici

“O carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola DGT para este tipo de viais, mais a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas polas que transita, supón un serio risco para as persoas usuarias, viandantes e condutoras/es de transporte público colectivo e […]

Marea de Vigo alerta do desmantelamento de Barreras e o silencio cómplice de accionistas e administracións públicas

Marea de Vigo xa alertara fai anos que o abandono de PEMEX da inversión en Barreras confirmaría as sospeitas da intención real da compra do estaleiro; Hoxe, por desgraza, confírmase. O Grupo municipal espera que o actual Goberno non opine como o do PP en 2013, que consideraba que Barreras tiña que someterse ás “solucións […]

A Marea de Vigo pide que o goberno local asuma responsabilidades sobre a setenza que anula os reforzos obrigatorios dos bombeiros

Marea de Vigo considera que foi reiterada a advertencia ao goberno local por parte dos grupos da oposición da ilegalidade do decreto que obrigaba a realizar reforzos a pesar de que os bombeiros en asemblea en outubro do ano pasado decidiran non realizar máis reforzos para denunciar a situación de falla de efectivos na plantilla. Lonxe […]

Marea de Vigo pedirá unha auditoría de todos os recursos públicos deitados en Povisa nestes anos

Para Marea de Vigo o anuncio compra de Povisa polo grupo Ribera salud era un feito anunciado, xa que todos os movementos do grupo Nosa Terra 21 eran sospeitosamente tendentes a desfacerse do complexo hospitalario; dende o anuncio do preconcurso voluntario de acredores co argumento de que se arrastraban perdas dende 2014 polo insuficiente dos […]

Marea de Vigo leva unha moción ao Pleno de mañá mércores instando a regular e securizar a mobilidade sostible en Vigo

Na moción que levará ao Pleno Marea de Vigo-Son En Común, abórdase a necesidade urxente de adaptar a cidade “ós novos xeitos de mobilidade que cada día son unha realidade máis complexa e con formulacións que requiren tanto de infraestruturas coma de organización diferentes”. Para Marea, “Vigo chega tarde aos novos xeitos de mobilidade porque […]

A Marea discrepa da cesión á deputación do edificio da rúa Eduardo Chao

Despois de moitos anos pechado e sen visos de artellarse un uso como contedor museístico, Marea de Vigo- Son En Común non desbota o uso proxectado orixinal como museo da fotografía de Vigo, pero considera tamén que, ligado a esta idea, pode albergar de xeito “digno” a parte máis histórica do arquivo municipal que hoxe está en […]

A Marea de Vigo traslada ao parlamento europeo as súas dúbidas sobre os empregos dos fondos DUSI en Vigo

Marea de Vigo trasladou a través da eurodeputada Sira Rego do GUE as dúbidas sobre a xustificación do financiamento con fondos europeos dos proxectos de Gran Vía e Porta do Sol, fondos que se enmarcan dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), co-financiadas en un 80% polo Programa Operativo FEDER de Crecemento […]

A Marea denuncia que o Concello non aproveita os convenios urbanísticos como o do Barrio do Cura para asegurarse vivendas que empregar a futuro nun parque municipal

“Lonxe de traballar nos aproveitamentos lucrativos dos convenios urbanísticos, o Concello está evitando ter vivendas en propiedade directa que permitan dotarse de parque co que  dar resposta tanto a situacións de emerxencia como á creación dun sistema de vivenda pública con alugueiros regulados, tal e como funcionan en case todas as grandes cidades do estado –  explicou […]

A Marea critica os incumprimentos das obrigas e compromisos cara o comezo do curso escolar por parte do Concello e Xunta

O voceiro de Marea de Vigo-Son En Común, Rubén Pérez, lembra que “de xeito oportunista e electoralista por parte de Abel Caballero, durante a campaña electoral municipal indicáronse datas de finalización de obras e apresuráronse estas para que coincidiran co período electoral, provocando tanto evidentes problemas construtivos (caso das enésimas reparacións da reforma da Praza […]

Marea de Vigo propón a gratuidade do billete aos nenos ata seis anos e establecer un billete social

Marea de Vigo lanzou as súas propias propostas. Entre as novidades que propoñen está ampliar a gratuidade do billete aos nenos ata seis anos de idade ou establecer un billete social para persoas vulnerables empadroadas en Vigo (parados, perceptores de Risga ou de pensións non contributivas, ou persoas con ingresos inferiores ao 75 % do […]

A Marea de Vigo esixe que se cumpra a lexislación de ocupacións lucrativas da vía pública e dos elementos de mobiliario urbano

Marea de Vigo considera que calquera persoa que queira colocar un andamio, ter un vado ou cortar a vía pública ante unha obra ou mudanza ten que pagar taxas, polo que non se entende que iniciativas privadas empreguen báculos de farolas con anuncios, ocupen de xeito irregular vías públicas con mesas e cadeiras e, agora, […]

Marea levará ao pleno a proposta de alianza da cidade de Vigo á declaración pola Emerxencia Climática

Marea de Vigo súmase á proposta de numerosas organizacións asinantes da Declaración de instar aos gobernos locais ao recoñecemento doestado de emerxencia climática no que nos atopamos mediante a adopción de medidas reais para paliar o cambio climático nas nosas cidades. Na moción que Marea de Vigo presentará ao Pleno do vindeiro mércores catro de setembro […]

Propostas de emendas á proposta de ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2020 do Grupo municipal da Marea de Vigo

Remitidas as propostas de modicacións das ordenanzas fiscais e dos prezos e taxas públicos para 2020 o grupo municipal mixto sigue a considerar que o groso da proposta de incrementos de prezos e taxas baseado para o ano 2020 ven marcado por unha suposta conxelación previa nos exercicios 2018 e 2019 que so se explica […]

A Marea de Vigo alerta da necesidade dun compromiso real coa defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres

Dende o ano 2014, Vigo carece dun Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. “Por tanto – afirma Oriana Mendez –  carece do instrumento de acción política que ordena e planifica as actividades e os programas que se desenvolverán dende o Concello co obxectivo de eliminar situacións de desigualdade e discriminación, así […]

Marea de Vigo pregúntalle ao alcalde de Vigo se segue considerando urxente dotar de máis recursos a POVISA toda vez que o consello de contas emite reparos sobre os concertos económicos entre a empresa privada e a Xunta

O informe do consello de contas que alerta da “falla de transparencia” do contrato entre Povisa e o SERGAS para a atención sanitaria de máis de 130.000 pacientes da área sanitaria de Vigo vén a sinalar como certas as sucesivas denuncias públicas formuladas por Marea de Vigo-Son en Común. Rubén Pérez, concelleiro desta formación, lembra […]

Marea de Vigo ante as tasas e prezos públicos para 2020

Marea de Vigo-Son En Común vén de coñecer a proposta de modificacións das ordenanzas fiscais para 2020 e as propostas de prezos e taxas públicas para o vindeiro ano aprobadas hoxe na Xunta de Goberno Local. Como todos os anos realizará emendas e propostas alternativas na súa tramitación en Pleno pero en todo caso quere […]

Marea de Vigo ante a situación do servizo de salvamento e socorrismo en Vigo

Marea de Vigo-Son En Común lembra que en abril deste ano aprobouse no Pleno do Concello de Vigo unha moción que instaba á ampliación dos horarios do Servizo de Salvamento e Socorrismo e que actualmente cubre 10 praias da Cidade dende o 15 de xuño ate o 15 de setembro. Na moción, aprobada, instábase a […]

1 2 3 21