Denuncian a parálise nas negociacións para a industria auxiliar

A CIG-Industria de Ferrol denuncia a parálise nas negociacións das condicións laborais e salariais do persoal das auxiliares de Navantia, pois dende o pasado 15 de decembro a mesa do naval non se reúne. Unha demora que a central sindical considera se tenta xustificar con argumentos artificiosos, logo de que na última xuntanza a representación […]

A CIG-Saúde de Compostela reclama a recuperación dos dereitos roubados ao persoal do Sergas

Traballadores e traballadoras do CHUS concentrábanse a mañá de onte na entrada principal do Hospital Clínico para reclamar a recuperación dos dereitos que foron arrebatados ao persoal do Sergas e que, malia o goberno asegurar que saímos da crise, non foron devoltos. A concentración insírese nunha campaña da CIG-Saúde que anunciaron que continuará, con mobilizacións […]

Persoal de limpeza do Hospital Clínico denuncia na Xunta os incumprimentos de Grupo Norte

Persoal do servizo de limpeza do Hospital Clínico concentrouse a mañá do mércores diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza para denunciar os incumprimentos do convenio colectivo e dos acordos en sede AGA por parte da nova empresa adxudicataria Grupo Norte. Xunto a isto denunciaron os incumprimentos por parte da adxudicataria da súa propia […]

Os traballadores/as de Veolia ratifican o convenio de centro de traballo que iguala as condicións laborais

Os traballadores/as de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ratificou onte en asemblea por ampla maioría o o convenio colectivo de centro de traballo que iguala as condicións laborais co persoal do Sergas. Segundo explican dende a CIG-Industria, os 64 empregados/as de Veolia tiñan até o de agora distintas […]

A CIG asume a presidencia do comité de Vitrasa tras saír adiante a moción de censura por falta de confianza

A CIG asumiu recentemente a presidencia do comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte municipal de Vigo, despois de que saíse adiante unha moción de censura por falta de confianza no anterior presidente. Dende a central consideran que o cambio, que contou co apoio do resto de sindicatos do comité, supón unha oportunidade para […]

A CIG consegue a totalidade do comité de Indra Software Labs na Coruña

A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas recentemente en Indra Software Labs na Coruña, pasando de non contar con representación nesta empresa a conseguir a totalidade do comité (integrado por 13 membros). A lista da CIG foi a única que se presentou ao proceso electoral xa que nin UGT nin CCOO (que até entón ostentaba […]

Concentración en apoio a un compañeiro da CIG xulgado pola súa participación nunha protesta contra os recortes

Este venres a CIG desenvolveu unha concentración diante dos xulgados de Ferrol en solidariedade e apoio a un compañeiro que inxustamente está sendo xulgado pola súa participación nunha protesta no Hospital Arquitecto Marcide contra as políticas privatizadoras do PP. A Unión Comarcal da CIG de Ferrol demanda que se arquive a causa por “inxusta e […]

8 de Marzo: camiñando cara á folga internacional de mulleres

Dende o 16 ao 30 de xaneiro, a CIG vai realizar asembleas de delegadas e afiliadas en todas as comarcas do país para dar a coñecer e debate arredor da convocatoria de folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. A CIG convoca esta folga no marco do paro internacional […]

As mobilizacións do persoal de Maderas Iglesias forzan a intervención da Xunta

Fixeron falta numerosas mobilizacións e xestións institucionais en Concellos, Xunta e Parlamento galego para que a Consellaría de Economía, Emprego e Industria se comprometese finalmente a intervir no conflito laboral de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa en perigo de liquidación a causa da grave situación económica […]

O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

A CIG-Ensino demanda a retirada dos novos temarios de oposicións

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) negouse, esta mañá, na Mesa Sectorial do Estado, a reabrir a negociación do sistema de acceso e ingreso na función docente. Deste xeito, a modificación do Real Decreto de Acceso publicarase previsibelmente en febreiro e os novos temarios non entrarían en vigor antes de 2020. A CIG-Ensino […]

Arquivan a denuncia da CIG malia recoñecer ilegalidade na xestión dos helicópteros de incendios

O titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela vén de arquivar provisionalmente a causa aberta a raíz da denuncia que a CIG-Administración Autonómica presentou na Fiscalía no ano 2012 pola adxudicación a dedo da contratación do servizo de helicópteros e brigadas as empresas Inaer e Natutecnia, respectivamente. Para o sector estamos […]

O persoal de xustiza está chamado a mobilizarse en Santiago o 25 de xaneiro

Á espera de que se produza unha nova reunión entre a representación social e a Xunta de Galiza, o comité de folga continúa adiante coa convocatoria do paro xeral na administración de xustiza galega do vindeiro xoves 25 de xaneiro. Coincidindo coa folga, para ese día está convocada tamén unha manifestación en Santiago de Compostela, […]

Instan a E. Leclerc e ao centro comercial da Abella a “facer o máximo esforzo” para manter 58 empregos

O persoal de E. Leclerc e a CIG-Servizos instan a empresa francesa de supermercados e a empresa propietaria do centro comercial da Abella (Lugo) a realizar “o máximo esforzo” para facer posíbel a continuidade do hipermercado e dos 58 postos de traballo”. O grupo francés formulou un ERE de extinción para a totalidade do cadro […]

As traballadoras/es de Confecciones Guerral bótanse á rúa en Lalín para reclamar o pago dos salarios

O cadro de persoal de Confecciones Guerral, compañía dezana do sector téxtil que se atopa en proceso de liquidación, botouse á rúa este sábado día 13 en Lalín para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar. Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra denuncian que a propietaria da empresa posúe un patrimonio duns 15 […]

Reclaman incorporar 256 vacantes de PT e AL no Concurso de Traslados de Mestres

Un estudo da CIG-Ensino revela a existencia de centos de prazas das especialidades Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) que se veñen dotando desde hai anos con profesorado provisional e que poden ser cubertas por profesorado definitivo. Incorporar estas 256 prazas, a maiores das ofertadas no Concurso Xeral de Traslados, para as especialidades […]

Persoal, pacientes e usuarios do CHUO mobilízanse contra o peche de máis camas

Persoal, pacientes e usuarios/as do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) mobilizáronse este venres 12 diante do centro sanitario para denunciar o peche de camas que vén de anunciar o Sergas. Ao mesmo tempo, a comisión de centro, promotora das protestas, solicitou unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para abordar o que cualifica de ofensa […]

Política Social prima o baixo custe dun contrato público e deixa na rúa o persoal dun centro especial de emprego

Logo de adiar  a adxudicación do lote 3 correspondente á comarca de Ferrolterra, a Consellaría de políticas Sociais vén de adxudicar finalmente o concurso público do 065, á UTE Monforte S.A.-Castromil S.A.- Rías Altas S.A. A FGAMT-CIG xa alertou no seu momento que a nova empresa comunicara a actual concesionaria do servizo  a súa intención […]

O persoal de Confecciones Guerral mobilizarase para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar

As traballadoras/es de Confecciones Guerral, compañía lalinense do sector téxtil que se atopa en proceso de liquidación, mobilizaranse este sábado día 13 para reclamar o pago de salarios tras sete meses sen cobrar. Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra denuncian que a propietaria da empresa posúe un patrimonio duns 15 millóns de euros e mantén débedas […]

Denuncian os colapsos no servizo de Urxencias do Hospital Clínico

A CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar a saturación do servizo de Urxencias do Hospital Clínico. “Atópase unha vez máis, nunha situación de cronicidade pola saturación dos doentes, camas e familiares nos corredores, coa consecuente sobrecarga de traballo para as e os profesionais. Unha imaxe habitual ano trás ano”, denuncia. Asegura que a Xerencia de […]

A Xunta, denunciada perante a Inspección de Traballo por non facer as medicións de gas radon

O sector da CIG-Administración Autonómica vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social para que obrigue á Xunta a facer unhas medicións que xa debera ter feito por si mesma ou a instancia do persoal e delegados/as de prevención. Demanda que unha vez medido, de ser preciso, faga as obras […]

“Carlos e Serafín son hoxe exemplo dos dereitos que temos que reconquistar”

Centos e centos de traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT participaron hoxe na concentración convocada diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para reclamarlle ao Executivo de Mariano Rajoy que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de cadea por participar nunha […]

O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Sargadelos: sete anos despois, a nulidade do ERE é firme

O Tribunal Supremo vén de comunicar  a non aceptación do recurso interposto por Cerámicas Sargadelos (Cervo) contra a sentenza que declaraba a nulidade do ERE formulado e parcialmente aplicado pola empresa no ano 2010. Esta resolución, que dá a razón ao defendido pola CIG, pon fin ao longo camiño administrativo e xudicial que as traballadoras […]

Avanza a precariedade, diminúe o poder adquisitivo e increméntanse as desigualdades en Galiza

O Estudo sobre ingresos salariais de 2016, elaborado polo Gabinete de Economía da CIG, constata o avance de precariedade laboral, o incremento das desigualdades entre persoas asalariadas e a importante perda de poder adquisitivo da poboación. O informe realizouse a partir de datos oficiais tirados do Estudo “Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes […]

1 2 3 24