VIGO: De pura mierda!

Artículo de opinión por VigoDenuncia
Por o 07/01/2017 | Sección: Opinión,Opinión por Vigo Denuncia,Vigo
VIGO: De pura mierda!
Compartir en:
Cabalgata 10 – Depuradora 0, este podería ser o resultado dun partido empeñado en converter Vigo en Disneylandia, máis non pensen que vai ser gratis, as bromas páganse e a Ría de Vigo xa debe ser o gran sumidoiro desta pura merda que botamos a mans cheas (coma caramelos de cabalgata!).
Unha obra con máis dun ano de retraso e que, semella, non ser capaz de depurar nada logo de gastar 185 millóns coa mesma alegría que incompetencia.
Claro que en Vigo os “retrasos” son norma: Casa do Patín en Bouzas (licitada de urxencia segue agardando apertura!) a famosa Leira-Parking do Cunqueiro aínda non viu a luz, agás que lle poñan un dinoseto non se mira nada no horizonte.
Pero como dí o alcalde os viciños deberan protestar contra o parking privado e non reclamar un bus dende Teis, non vaia ser que pensen que en Vigo a xente non ten coche… ou moto por 1,10 euros ao ano aparcamos enriba das beirarrúas gratis!
Vivimos nunha Cidade Fermosa! Que non fai nada para solucionar a depuración das súas augas residuais (manía falar sempre da merda!)
Cando comecen a aparecer enfermidades da pel (xa dabondo) e cando a ría -ouro de vida- toque badaladas a morte por residuos fecais, entón tamén será culpa de Feijoo e da Xunta… e nada será competencia da Alcaldía ou da Deputación, agás traspasar o tema á nova vedette da Área Metropolitana que vai camiño dos tribunais para ser outra longa noite de pedra coa maior ledicia de tanta incompetencia!
Eles andan de Cabalgata…

2 Respuestas a "VIGO: De pura mierda!"

  1. Gamela   07/01/2017 at 17:49

    Algúns cren que esto da depuración de augas e cousa de seguir metendo cartos sen fin no peto das empresas de construcción (OHL & Company) e así blanquean os cartos públicos ao converterse en beneficios privados!

    ¿Pero onde están os informes medioambientais e as análises das augas depuradas?

    ¿Pensan que con 100.000 euros van solucionar algo en Teis?

    A súas solucións pasan por levar a merda máis lonxe para non tela á beira do mar… pero así o único que facemos de aumentar o problema da contaminación e co famoso Canon de Saneamento fan caixa dúas veces !!!

    O Gran Negocio da Merda en Italia está nas mans da Mafia… aquí o xestionan políticos e as súas empresas suministradoras de porcentaxes electorais ???

    http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal&noticia=22937

    Queremos información fiable e auditorias externas desta megaconstrucción que está desfacendo a xunqueira do Lagares e contaminando a ría de Vigo sen solucionar absolutamente nada de nada… !!

  2. Gamela   14/05/2017 at 22:24

    Logo de catro meses enviando esta mesma información ao Voceiro de En Marea (Luís Villares) non temos resposta algunha sobre este tema…

    Pero sí podemos comprobar como Augas de Galicia mantén a cualifiación do estado da masa de auga MALO na EDAR de Teis, logo seguimos metendo cartos para nada e non sabemos a onde van estes cartos…?
    https://flic.kr/p/N12jZi