​A Xunta inicia a promoción interancional da oferta turística galega para 2019 na feira Vakantibeurs de Holanda

Cultura e Turismo presenta desde hoxe o destino Galicia neste certame aberto tanto a profesionais como ao público final
Por o 09/01/2019 | Sección: Turismo
​A Xunta inicia a promoción interancional da oferta turística galega para 2019 na feira Vakantibeurs de Holanda

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, inicia hoxe na cidade de Utrecht (Holanda) o programa de promoción internacional da oferta turística galega para o ano 2019 coa participación na feira Vakantiebeurs, o principal mercado turístico dos Países Baixos.

Trátase dun certame de carácter xeneral aberto tanto ao público final como aos profesionais do sector que se desenvolverá ata o vindeiro día 13, no que o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentará os produtos turísticos galegos, sobre todo os relacionados coa natureza.

Nesta feira, os visitantes mostran un interese especial pola oferta relativa ao sendeirismo, o cicloturismo, a bicicleta de montaña e o Camiño de Santiago, así como polos espazos naturais e o turismo cultural.

Oferta galega

Neste sentido, Cultura e Turismo presentará en Vakantiebeurs as distintas posibilidades para realizar o Camiño de Santiago na Comunidade galega, a rede de centros BTT, as rutas de sendeirismo e os espazos naturais, entre outros recursos turísticos galegos, así como as posibilidades que ofrece a Comunidade galega para o avistamento de aves.

Polo que respecta á demanda turística holandesa e tendo en conta os últimos datos oficiais facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), entre xaneiro e novembro de 2018, preto de 27.000 viaxeiros procedentes dos Países Baixos realizaron 46.000 pernoitas nos establecementos hoteleiros galegos. Canto ao Camiño de Santiago, máis de 3.600 holandeses realizaron a ruta xacobea e recibiron a Compostela ao longo do ano 2018.

Comentar noticia

Your email address will not be published.