​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ denuncia a “censura” sufrida no Parlamento de Galicia

Publicado por o día 12/06/2019 na sección de Protestas,Sanidad,Social

​‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ denuncia a “censura” sufrida no Parlamento de Galicia

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita veñen denunciar públicamente a censura no Parlamento de Galicia, xa que esta mañá, prohibíuselles o acceso ó mesmo ós trece representantes por levar postas as camisetas co logo de Enfermeiras Eventuais en Loita.
A presenza do colectivo no Parlamento estaba relacionado cunha invitación do Grupo Parlamentario PSdeG para seguir o debate dunha iniciativa parlamentaria en relación á eventualidade e precariedade na contratación das enfermeiras no Servizo Galego de Saúde.
Ó acceso ó Parlamento foi precedido de ata catro controis de identidade e xusto foi na entrada na Tribuna de Invitados cando, os servizos de seguridade, advertiron da prohibición de portar as camisetas reivindicativas, polo que se virón obrigados a darlle a volta ou tapar á camiseta para poder acceder.
O Parlamento de Galicia, escudaráse como noutras ocasións, no Artigo 109 do Regulamento do Parlamento de Galicia, pero negar as reivindicacións do pobo na institucion que lles representa, é censura e polo tanto negarlles o dereito á democracia, denuncian desde el colectivo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.