O 061-Galicia asistiu a 101 persoas por 71 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 4 de agosto ata as 23:59 horas do domingo 6 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 88 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 07/08/2017 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu a 101 persoas por 71 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 101 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 4 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 6 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 30 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 88 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 101 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 e 44 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33 % dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

26
Lugo
10
Ourense
8
Pontevedra
27
Galicia
71

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 73 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 85 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.