O 061-Galicia asistiu 50 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar

Desde as 15,00 h. do venres 19 de maio ata as 23,59 h. do domingo 21 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 50 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 22/05/2017 | Sección: Sucesos,Vigo
O 061-Galicia asistiu 50 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 h. do venres 19 de maio ata as 23,59 h. do domingo 21 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu un total de 50 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e 36%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 42% dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes, con 15 sinistros de tráfico cada unha durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

15
Lugo
3
Ourense
6
Pontevedra
15
Galicia
39

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 36 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.