O 061-Galicia asistiu a 51 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar

Desde as 15:00 horas do venres 26 xaneiro ata as 23:59 horas do domingo 28 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 47 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 29/01/2018 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu a 51 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 51 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 26 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo, 28 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 38 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 51 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 % e do 35 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34 % dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

10
Lugo
4
Ourense
2
Pontevedra
22
Galicia
38

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 51. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 43 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.