O 061-Galicia asistiu a 59 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 19 xaneiro ata as 23:59 horas do domingo 21 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Sucesos

O 061-Galicia asistiu a 59 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 59 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 19 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo, 21 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 59 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

16
Lugo
3
Ourense
2
Pontevedra
22
Galicia
43

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 48 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.