O 061-Galicia asistiu a 63 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 16 de xuño ata as 23:59 horas do domingo 18 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 19/06/2017 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu a 63 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 63 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 16 de xuño ata as 23:59 horas do domingo, 18 de xuño. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 63 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 e 33 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 23 % dos atendidos tiña entre os 50 e os 64 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

21
Lugo
8
Ourense
5
Pontevedra
18
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.