O 061-Galicia asistiu 65 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 20 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 22 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 56 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 23/10/2017 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu 65 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 20 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 22 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 56 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 e 44 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28 % dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

16
Lugo
4
Ourense
3
Pontevedra
27
Galicia
50

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do accidente.