O 061-Galicia asistiu a 69 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 15 decembro ata as 23:59 horas do domingo 17 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 19/12/2017 na sección de Sucesos

O 061-Galicia asistiu a 69 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 69 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 15 de decembro ata as 23:59 horas do domingo, 17 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 accidentes.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 69 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 e 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36 % dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos. 

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes

A Coruña

14
Lugo
1
Ourense
6
Pontevedra
27
Galicia
48
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 53 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro sinistros. As ambulancias convencionais acudiron nun accidente.

En 61 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.