O 061-Galicia asistiu a 74 persoas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 5 de maio ata as 23:59 horas do domingo 7 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 09/05/2017 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu a 74 persoas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 74 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 5 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 7 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e 45 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

16
Lugo
9
Ourense
9
Pontevedra
25
Galicia
59

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 77. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.