O 061-Galicia asistiu a 75 persoas por 53 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 17 de marzo ata as 23:59 horas do domingo 19 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 03/04/2017 | Sección: A Coruña,Galicia,Lugo,Ourense,Pontevedra,Sanidad,Sucesos,Vigo,Xunta de Galicia
O 061-Galicia asistiu a 75 persoas por 53 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 17 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 19 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62 e 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña

20
Lugo
4
Ourense
5
Pontevedra
24
Galicia
53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 62 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais nun sinistro.

En 71 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.