Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 27 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 29 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e 36 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña |
18
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
6
|
Pontevedra
|
25
|
Galicia
|
55
|
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dous accidentes, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.
En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do accidente.
Noticias de última hora en Vigo