O 061-Galicia asistiu a 80 persoas por 53 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 12 xaneiro ata as 23:59 horas do domingo 14 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 15/01/2018 na sección de Sucesos

O 061-Galicia asistiu a 80 persoas por 53 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 80 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 12 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo, 14 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53 e 47 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38 % dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

22
Lugo
3
Ourense
5
Pontevedra
23
Galicia
53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en cinco sinistros.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.