O 061-Galicia asistiu a 92 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 26 de maio ata as 23:59 horas do domingo 28 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 29/05/2017 | Sección: Sanidad,Sucesos,Vigo
O 061-Galicia asistiu a 92 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 26 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 28 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 45 e 56 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

24
Lugo
6
Ourense
4
Pontevedra
22
Galicia
56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 88 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en dúas ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.