O 061-Galicia asistiu a 92 persoas por 61 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar

Desde as 15:00 horas do venres 28 de xullo ata as 23:59 horas do domingo 30 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 74 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 31/07/2017 | Sección: Sucesos
O 061-Galicia asistiu a 92 persoas por 61 accidentes de circulación durante a fin de semana Escoitar
Compartir en:

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 28 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 30 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 74 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e 36 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes con 23 sinistros de tráfico ambas as dúas durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

23
Lugo
9
Ourense
6
Pontevedra
23
Galicia
61

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 81. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 71 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.