10.000 quilos recolleitos polo Banco de Alimentos na súa primeira Operación Quilo do ano

Coas doazóns de comida recibidas esta fin de semana, a ONG poderá recuperar o stock de produtos básicos que xa escaseaban nos andeis da nave de Lavadores
Por o 01/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
10.000 quilos recolleitos polo Banco de Alimentos na súa primeira Operación Quilo do ano
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana ao redor de 10.000 quilos de comida na que foi a súa primeira Operación Quilo de 2019.
 
Coas doazóns de alimentos recibidas tanto o venres como o sábado nos Alcampo da Avenida de Madrid e Coia, a ONG poderá recuperar o stock de produtos básicos que xa se escaseaban nos andeis da nave de Lavadores. Unhas 80 voluntarias e voluntarios, perfectamente identificados con chalecos da entidade, facilitaron as entregas de produtos básicos.
 
Desde o Banco de Alimentos agradécese a implicación da cidadanía que, unha vez máis, respondeu o chamamento poñéndose na pel das 25.000 persoas vulnerables ás que axuda na provincia de Pontevedra.
 
Durante 2018, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das persoas ás que axuda.
 
A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.