10 trucos para pagar menos impostos

Quedan poucas semanas para que acabe o ano. Entre outras moitas cousas, é o momento de actuar para pagar menos impostos a próxima primavera. Como? Poñendo en práctica uns consellos básicos: lembrámoscho
Por o 07/12/2017 | Sección: Economia
10 trucos para pagar menos impostos

Queres pagar menos impostos na túa próxima declaración? Antes de que sexa o 31 de decembro podes actuar e tomar medidas para reducir os teus impostos. Dáche présa e segue algúns dos nosos “trucos fiscais”.

Toma medidas

Comunica os cambios que se produzan na túa familia. A cantidade de retención a conta do IRPF depende entre outras cousas das circunstancias familiares.

Cambia o salario en metálico por salario en especie. Algunhas retribucións están exentas de pagar IRPF, por exemplo, os seguros sanitarios para o traballador, o seu cónxuxe e os seus fillos.

Espera a cumprir 65 anos se queres transmitir a túa casa. A ganancia que obterás estará libre de impostos.

Se tes bens que vender, lembra que as ganancias compensan as perdas… e viceversa e actúa en consecuencia.

Aproveita as deducións

Moitos gastos poden supoñer un recorte do IRPF. Asegúrache antes de nada das deducións ás que tes dereito, que varían en función de cada comunidade autónoma. Sabías que é posible que poidas deducirche pola gardería dos fillos, gastos educativos, abono transporte público, axuda doméstica, a instalación de dispositivos de aforro de auga ou enerxía, o aluguer, etc… Consulta na táboa en que ámbitos hai deducións fiscais en cada Comunidade Autónoma: tes os detalles nas nosas especial Deducións autonómicas.

Se tes dereito a deducir por compra, amortiza hipoteca. Se compraches a túa casa antes de 2013, dedúcese o 15% do pago para comprar a vivenda, sobre un máximo de 9.040 euros, se pagas menos diso, ou de 18.080 se o pagas co teu cónxuxe e declarades por separado, interésache amortizar anticipadamente unha cantidade que chegue ata ese límite e así se aproveite integramente a dedución.

Revisa os teus gastos como profesional. Se pagas cotas sindicais, cotas ao colexio profesional ou se tiveches un preito laboral e pagaches honorarios ao avogado e procurador, eses gastos dedúcense dos ingresos do traballo, co que pagas menos por eles.

Os donativos deducen. Se fas donativos a ONG, fundacións e entidades sen ánimo de lucro permite deducir máis que o ano pasado: pódese deducir un 75% sobre os primeiros 150 euros, e un 30% sobre o que exceda desa cantidade (pode subir ao 35% se é o terceiro que doas á mesma entidade e cada a doazón foi igual ou superior á do anterior).

Se es arrendador, aproveita. Se es propietario dun inmoble en aluguer, podes deducir da renda suxeita a IRPF os gastos feitos para obtela: IBI, anuncios, axencia, seguros, comunidade… e tamén os gastos de reparación e conservación e os intereses de préstamos para a compra ou mellora do inmoble (estes con un límite).

Garda todos os xustificantes dos gastos deducibles (recibos de pago de cursos, das doazóns…) para previr posibles problemas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.