100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas

Existen na actualidade preto de 100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas, moitas con vinculación sidical e outras non, que participaron en foglagas e protestas durante os últimos anos
Publicado por o día 24/02/2017 na sección de CC.OO,CIG,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo

100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas

Existen na actualidade preto de 100 expedientes xudiciais abertos contra preto de 300 persoas, moitas con vinculación sidical e outras non, que participaron en foglagas e protestas durante os últimos anos.

Deste cento de expedientes, hai procedementos abertos pola vía penal (polos que se pide, en total, 120 anos de cárcere) e procedementos administrativos que impactan cuantiosas multas.

En polo menos, nove procedementos penais que afectan a 40 traballadores e traballadores como tamén cargos sindicais impútase a comisión dun delito de coaccións á folga, o que implica en moitos casos –como ben sabemos en Vigo e en Pontevedra– una pena de tres anos de cárcere.

Onte xoves 23 de febreiro volveron a tomar a rúa xente do común máis os sindicatos CIG, CC.OO e UGT, para pedir o indulto para Carlos e Serafín, concentración que repetían canticos coma “non pode ser os traballadores a carcere e os corruptos no poder”, amosaron una vez máis a preocupación pola interpretación restrictiva para os dereitos dos traballadores e traballadoras que se está facendo do Código Penal español e da Carta de Dereitos Fundamentais da UE, tendo en contra que preto de 300 traballarodes e traballadoras enfróntanse na actualidade a prisión e severas multas trala súa participación en folgas e conflitos colectivos como é o caso de Carlos e Serafin como tamén Ana e Tamara.

Dende a entrada a rúa do Príncipe, estivo noticiasvigo xunto con Carlos e Serafín, xunto coas súas familias que os acompañan en cada concentración. Mostraron a solidariedade cos e coas sidicalistas que se atopan na súa mesma situación e todo elo en atención á manifesta falta de proporcionalidade entre os feitos dos que se lles acusou e a sentenza condenatoria e as penas que lles foron impostas.

Recordaron que a liberdade sindical é un patrimonio de todos e todas os e as europeas e ESIXIAN que os poderes públicos deben observar en relación a ela un comportamente orientado en todo caso á protección desde dereito fundamental consagrado tanto no ordenamiento xurídico do Estado como na Carta de Dereitos Fundamentais da UE.

O Ministerio Público pide 120 anos de cárcere en 13 das 17 comunidades autónomas. Durante 35 anos producironse una interpretación constitucional correcta do dereito de folga e agora hai un desequilibrio a favor do Código Penal e en prexuizo dos traballadores e traballadoras, tratase dun ataque sen precedentes a este dereito fundamental… o dereito á folga… Una forma de exemplarizar, de meter medo… de desanimar, que se traduce en actuacións que buscan cambiar o dereito de folga… pero… que nunca o logran.