1009 persoas retiran máis 13 tn de residuos na XII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos

Publicado por o día 02/10/2019 na sección de ADEGA,Medio Ambiente,Social

1009 persoas retiran máis 13 tn de residuos na XII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos

Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na XII Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.

Recolléronse refugallos de todo tipo. Como sempre a presenza dos  plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…), moi abundante. Apareceron tamén moitas rodas de automóbiles e tractor, cristais, un somier, o motor dun coche, unha moto, plásticos de silo, cascallos, ferralla, pilas, electrodomésticos, un sofá, uralitas, un acumulador de auga quente. As toalliñas húmidas volveu ser do lixo máis abundante, e tamén as rodas de coche abundaron en moitos treitos. Apareceu tamén roupa, calzado…

No reconto preliminar, calculamos que os residuos de tódolos concellos suman máis de 13 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.

XII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 52 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 75 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 9 concellos que organizan directamente esta actividade. Actuouse nun total de 53 treitos de río. Algunha entidades tiveron que adiar a limpeza por mor da choiva caída o domingo. Con outros grupos aínda non demos contactado para recoller os datos.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia que depende da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Para esta actividade contamos coa colaboración da Fundación Biodiversidad, así como cos concellos de A Estrada, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño e Xinzo de Limia.

Queremos voltar a agradecer a todo o voluntariado galego o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos!

Na seguinte táboa pódense ver os resultados:

Concello

Grupo

Voluntarios/as

Rio

Kg

A Cañiza

Fundación MundoNatura

8

Deva

Calvo

Aceval

180

A Coruña

Asoc. Hortas do Val de Feáns

10

Mesoiro

400

OMA UDC

20

Lagar

50

A Estrada

Asoc. pola Defensa do Val do Liñares

34

Liñares

1500

A Guarda

Asoc. A Jalleira

16

Peital

300

Allariz

CEA O Rexo

Concello de Allariz

Adiada

Ames

Aula da Natureza do Concello de Ames

15

Rego dos Pasos

80

A Merca

Asoc. Xuvenil Xoldreira

20

Arnoia

160

Ares

Asoc. Amigos do Mosteiro de Sta. Catalina de Montefaro

Concello de Ares

7

Frades

150

Arzúa

Asoc. Pescadores do Iso

9

Iso

170

Betanzos

Fragas do Mandeo

18

Lambre

Mandeo

Mendo

243

Cambre

Concello de Cambre

Asoc. Veciños Afectados por Infraestruturas

Adiada

Cangas do Morrazo

ADEGA-Vigo

15

Bouzós

50

Carral

Asoc. Brexa

Concello de Carral

ADEGA Coruña

32

Barcés

100

Carballo

Senda Nova

14

Anllóns

180

Castro de Rei

Asoc. Deportiva e Cultural Amigos do Miño

10

Miño

200

Catoira

ANPA As Lombas

Concello de Catoira

17

Catoira

80

Cenlle

Asoc. Veciñal Lentille

8

Regato de Lentille

400

Covelo

Covelo Natural

Adiada

Fene

AETNA

12

Baa

50

Asoc. Betula

Adiada

Ferrol

ADEGA Trasancos

Sen datos

Gondomar

Asoc A Groba

Concello de Gondomar

35

Zamáns

800

Lousame

Sociedade Histórica Coluna de San Fins

7

San Fins

10

Lugo

ADEGA Lugo

Plataforma Lugo de Cara ao Miño

Asoc. Cultura do País

26

Miño

500

Marín

Grupo Cultural Ronsel

13

Loira

200

Meis

Concello de Meis

CPI Mosteiro

30

San Tomé

25

Melide

Asoc. Troiteiros do Río Furelos

9

Catasol

120

Asoc. Melidá

14

Furelos

10

Muíños

Asoc. A Corga do Barxés

38

Limia

300

Negreira-A Baña

Asoc. Afonso Eanes

Adiada

Nigrán

Concello de Nigrán

39

Miñor

800

O Grove

IES As Bizocas

25

Bizocas

10

Ourense

Ecovixiantes de Franciscanas

24

Miño

Loña

50

Ríos Limpos

12

Barbaña

20

Aula da Natureza de Oira

19

Miño

Sustinea

Adiada

Parada de Sil

A Fábrica da Luz

8

Mao

120

Ponteareas

Plataforma pola Defensa do Tea

24

Tea

500

Pontevedra

Vaipolorío

Fundación Juan XXIII

21

Gafos

120

Porriño

Asoc. Española de Herpetoloxía

Sen datos

ValoraNatura

9

Louro

80

Ribas de Sil

Asoc. CubeLand

Sen datos

Rianxo

Concello de Rianxo

Sen datos

Ribadumia

Colectivo Ecoloxista do Salnés

14

Umia

800

Redondela

AAVV de Chapela

40

Fondón

3.000

Salceda de Caselas

Asoc. Trezecatorze

18

Caselas

240

Salvaterra de Miño

Asoc. Lazoiro

Adiada

Sarria

Asoc. Cultural Crearte

Plataforma Sarriana polo Río

31

Sarria

430

Santiago de Compostela

 ADEGA Compostela

 Gentalha do Pichel

ANPA CEIP Apóstolo Santiago

40

Sarela

Corgo

200

Seoane do Courel

CPI UxíoNovoneyra

40

Pequeno

20

Teo

CEIP A Ramallosa

53

Tomiño

CEP Pedro Caselles

22

Pego

15

OMIX de Tomiño

13

Da Pedra

70

Valga

Muíño didáctico de campaña

5

Valga

42

Verín

Concello de Verín

8

Támega

100

Star Nature Watchers

33

Támega

40

Vila de Cruces

Asoc. Cruces Verde

Sen datos

Vigo

ADEGA-Vigo

Lagares VIvo

54

Lagares

750

Xunqueira de Ambía

Iniciativa Xunqueira

20

Arnoia

15

Xinzo de Limia

Concellaría de Cultura e Mocidade

Sen datos

TOTAL

1009

53

13.816

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.