11 persoas fora do albergue municipal de Vigo ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar

Do que vai de ano quedaron nunha contorna dunhas 200 persoas usuarias do albergue sen praza.
Por o 21/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
11 persoas fora do albergue municipal de Vigo ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar
Compartir en:

Esta noite pasaran 11 persoas fora do albergue ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar, esas 11 persoas pasaran a noite acollidas no campamento que leva dous anos na Praza do Rei, en total esta noite estarán pernoitadas 13 persoas contando coas dúas persoas que se están facendo cargo día a día coas persoas sen teito que non puideron entrar no albergue municipal por estar cheo.

Desde o campamento da Praza do Rey recalcan que no albergue municipal collen 38 persoas, 30 homes e 8 mulleres, a estancia é de 10 días, daquela as persoas sen teito téñense que ir á rúa outros 10 días para poder volver gozar doutros dez.

Unha persoa que é transeúnte, pasa eses 10 dias e vanse ao outro albergue da avenida de Galicia, non é unha persoa que asiduamente que cada 10 días queda na rúa, neses 10 días que che quedan na rúa esta a famosa noite de cama cero, a cama cero significa que se estas esperando ata as 21:30 da noite e hai sitio pode entrar.

Desde o campamento da praza do Rey denuncian que xa pasaron polas súas instalacións desde que empezo a acampada e a recoller as persoas que non poden pernotar no albergue municipal por falta de prazas unhas máis de 2.000 persoas usuarias, do que vai de ano quedaron nunha contorna dunhas 200 persoas usuarias do albergue sen praza.

Moitas destas persoas non son transeúntes senón persoas que teñen a súa vida na cidade olivica.

Desde o campamento piden que se reinserten estas persoas xa que o que piden non é un hotel, piden outra oportunidade como ten calquera persoa na vida.

Desde o campamento ven vergoñoso a actuación do concello de Vigo ante esta problemática que leva anos sucedendo mentres o concello mira para outro lado.

Desde a cruz vermella concesionaria do albergue municipal din que a responsabilidade que isto pase é do concello de Vigo, que eles non pintan nada.

Desde o campamento dan as grazas a todas as persoas que lles están botando unha man para que as persoas sen teito poidan comer quente e durmir baixo un teito.

No comentamos , argumentamos .

Publicada por Acampada Vigo en Miércoles, 20 de marzo de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.