O 112 Galicia rexistra 193 incidencias relacionadas co temporal que afecta á noso país

or provincias, a que rexistrou máis incidencias foi A Coruña con 101, Pontevedra con 44, seguida de Lugo con 27 e Ourense con 16
Publicado por o día 27/12/2017 na sección de Sucesos

O 112 Galicia rexistra 193 incidencias relacionadas co temporal que afecta á noso país

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xestionou entre as 16,00 horas de onte e as 8 horas de hoxe un un total de 193 incidencias relacionadas co temporal que afecta á nosa comunidade.

Segundo o informe actualizado ás 8,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas. Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi A Coruña con 101, Pontevedra rexistrou 49 incidencias, seguida de Lugo con 27 e Ourense con 16.

O concellos que rexistraron máis incidencias foron Ferrol, Oleiros, Valdoviño, Teo, Boiro, Vigo, Cangas e Xove.