O 112 Galicia rexistra preto de 500 incidencias relacionadas co temporal que afecta á nosa comunidade

Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37
Publicado por o día 10/12/2017 na sección de Sucesos

O 112 Galicia rexistra preto de 500 incidencias relacionadas co temporal que afecta á nosa comunidade

 O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia leva xestionadas dende as 8,00 horas ata agora un total de 483 relacionadas coa borrasca de vento e choiva que esta afectando á nosa comunidade. A previsión é que a borrasca amaine ao longo da noite e polo tanto mañá mantéñense as clases.

Segundo o informe actualizado ás 20,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas, bolsas de auga nas estradas, anegamentos en rúas e vivendas e cables de luz nas estradas.

Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37.

Nas últimas hora os concellos máis afectados son na provincia de Pontevedra, A Estrada, Vigo, Mos, Pontevedra e Lalín. Na provincia da Coruña, presentan máis incidencias os concellos de Santa Comba, Boqueixón, Carballo e Outes. Na provincia de Lugo, presentan incidencias os concellos de Chantada e Antas de Ulla, e A Rúa e Verín, na provincia de Ourense.

As incidencias mais destacadas son a caída dunha galería dun edificio enriba de coches, na Avenida de Fisterra, en Arteixo. Na Coruña, a caída do alumeado de Nadal na Avenida de Hércules afectou a unha tubaria do gas.

Nas estradas galegas, rexistrase unha incidencia na AC-14 p.q. 6 dirección Coruña, pola caída dunha árbore, cun accidente con varios coches implicados sen feridos, estando un carril da estrada operativo.