120.000 euros subvencións aos clubs locais para citas deportivas

Son achegas para competicións das seguintes disciplinas: Baloncesto, automobilismo, atletismo, taekwondo, fútbol, tenos, natación, piragüismo e ciclismo
Por o 05/06/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
120.000 euros subvencións aos clubs locais para citas deportivas
Compartir en:

A aposta polo deporte é unha liña estratéxica do Goberno local de Pontevedra que inclúe dende grandes eventos deportivos, ao apoio e promoción do deporte de base, actividade física en xeral e citas deportivas locais e mesmo colaboracións directas coas federacións. Profundando nesta estratexia a Xunta de Goberno local ven de aprobar subvencións directas por valor de 120.000 euros, segundo informou hoxe o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

Son axudas, todas elas, dirixidas a citas deportivas concretas de baloncesto, automobilismo, piragüismo, atletismo, taekwondo, fútbol, tenis, natación e ciclismo, achegas que en ningún caso superan os 12.000 euros.

Convenios promoción do deportes 2018

Club Baloncesto Arxil.

• XVII Torneo 3×3 escolar na rúa
• XXV Torneo Cidade de Pontevedra
Escudería Cidade de Pontevedra
• XXI Subida automobilística Cidade de Pontevedra Sociedad Gimnástica de Pontevedra
• XXIII Medio maratón Cidade de Pontevedra

Club de Taekwondo Mace-Sport

• XXI Campionato internacional de taekwondo Cidade de Pontevedra

Escola de fútbol Portero 2000

• XX Torneo internacional de fútbol benxamín Cidade de Pontevedra

Casino Mercantil e Industrial

• VII Torneo internacional junior de tenis ITF Pontevedra

Club Natación Galaico

• Campionato galego master de inverno
• XIII Trofeo pinturas alborada
Campionato galego de natación absoluto Open, junior e infantil de verán
• XIII Trofeo internacional promesas do Lérez
Federación Galega de Piragüismo
• Campionato galego junior e senior pista
• Campionato galego infantil pista
• Campionato galego cadete pista
• Campionato galego veterán pista
• Copa de España de maratón
• Copa de España 1.000 metros cadete
• Campionato de España junior e senior pista
Federación Galega de Ciclismo

• II Gran premio Cidade de Pontevedra. Esolas, cadetes, junior e elite sub 23 • II Trofeo Concello de Pontevedra. Memorial Rogelio Acuña
• III Ciclocross Cidade de Pontevedra
• Campionato galego de ciclocross Illa das Esculturas