A Policía Nacional intervén nunha liorta en Rivera Atienza e incauta unha escopeta e dous coitelos

Operativo policial na contorna da escola de idiomas de Vigo
Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional intervén nunha liorta en Rivera Atienza e incauta unha escopeta e dous coitelos

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño da cidade, ao que lle requisaron unha escopeta de balíns e dous coitelos, e que estivo implicado nunha liorta na zona de Rivera Atienza.

Segundo explicaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do xoves, cando o 091 recibiu un aviso de que se producía unha liorta nas proximidades dun parque infantil no barrio de Rivera Atienza.

Cando as patrullas se desprazaron ao lugar, atopáronse cun grupo de persoas, algunhas delas armadas con paus, que participaban nunha pelexa. A Policía identificou a varios dos presentes e detivo a un deles, que portaba unha escopeta de balíns e uns coitelos. Ademais, os axentes tiveron que pedir reforzos posto que algunhas persoas “tentaron linchar” ao home detido.

O arrestado, veciño da zona, foi trasladado a comisaría, e tamén se citou a varias testemuñas para tomarlles declaración.

As testemuñas

As testemuñas dos feitos manifestan “Se baixaron dun coche policía camuflado berrando “ALTO POLICIA”” e din que “empuñaban a pistola”, “un xitano empezou a disparar a outro mozo cunha escopeta de balines e acto seguido sacou un machete e cravoullo nun brazo e nun costado. Varias patrullas da nacional, da local e a ambulancia chegaron nun minuto, tamén se enfrontou á policía co machete” tal comoinformabamos na noite de onte.