126 denuncias en 24 horas a persoas por incumprir a normativa sanitaria Covid en Vigo

A Policía Local de Vigo, desde as 06:30 horas do pasado sábado ata as 06:30 horas deste domingo, impuxo un total de 126 denuncias por motivos relacionados coa normativa sanitaria Covid en vigor e realizou 143 controis a vehículos. Do total de sancións tramitadas 35 foron por non levar a máscara facial obrigatoria, 33 por exceder na rúa o horario de toque de queda fixado ás 22 horas, 25 sancións en domicilios a persoas non conviventes, 11 responden á vulneración do peche perimetral decretado para Vigo, 3 por fumar nas rúas sen respectar a distancia e 4 foron impostas a locais por incumprir a normativa vixente, un deles unha superficie comercial na Florida ao exceder o aforo no interior e outro por exceso de aforo na terraza.

Por outra banda, a Policía Local denunciou a unha persoa por desobediencia, ao negarse a ser identificada, e foron denunciadas 14 persoas que estaban consumindo alcol na vía pública, na baixada á praia de Roade, nunha reunión na que se excedía o máximo permitido.

No ámbito da política social, nestes momentos o Concello ten aloxadas a 129 persoas: 38 no albergue municipal, 12 na Fundación Santa Cruz e 79 en hostais e hoteis da cidade. Na noite do sábado, trasladáronse 9 persoas a hostais e na noite deste domingo foron 3 as persoas derivadas. Hai, arestora, 10 establecementos hoteleiros que colaboran co Concello para poder ofrecer este aloxamento.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM