13 barrios de 6 parroquias mosenses terán internet de banda longa este ano

Así se comprometeu Telefónica co Concello de Mos durante unha reunión na que aseguraron que en 2021 quedará acometida a instalación en Louriñó en Torroso, na parroquia de Cela nos barrios de Arufe, Coto e As Pereiras; en Louredo en Inxertado, Pantaño e Candosa; en Mos nas Regadas, A Rúa e Cabaleiros; en Petelos, en Estivada e Rexenxo; e no Piñeiro en Sanguiñeda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, xunto con persoal municipal do Concello de Mos, reuníronse esta mañá por videoconferencia coa coordinadora de despregue FTTH para Galicia e Asturias de Telefónica, Patricia Rodiño.

O obxecto da xuntanza foi o de abordar os PEBANG (‘Planes de Estatales de Banda Ancha de Nueva Generación’) que Telefónica ten en marcha en Mos.

Do Plan 2018-2020 a empresa só ten pendente de acometida a zona de Louriñó en Torroso, para a que xa ten solicitados os permisos de obra.

Respecto do Plan 2019-2021 Rodiño informou aos representantes municipais de que xa teñen feito todo o traballo previo de enxeñería e que a acometida da rede de internet de banda longa con cargo a este Plan dará cobertura a 5 parroquias: na parroquia de Cela aos barrios de Arufe, Coto e As Pereiras; en Louredo a Inxertado, Pantaño e Candosa; en Mos ás Regadas, A Rúa e Cabaleiros; en Petelos, Estivada e Rexenxo; e Piñeiro en Sanguiñeda.

A maiores, o PEBANG 2020-2022 xa saíu a concurso e o concurso público foi tamén ganado por Telefónica para acometer a rede de internet de banda longa en Pombal, parroquia de Louredo. Acometida que, aínda que lle quedan dous anos de prazo para realizar, a empresa manifestou a súa intención de levala a cabo xa neste mesmo ano 2021. Así como o firme compromiso de rematar antes de finais de ano a instalación na zona de Louriñó, pendente de 2020, os 12 barrios das 5 parroquias para este 2021, e intentarán tamén facer Pombal en Louredo.

Ademais de todos os lugares mencionados, Telefónica acometeu con fondos propios entre 2016 e 2018 a instalación en parte das parroquias de Torroso, Louredo, Sanguiñeda, e tamén algunhas partes das parroquias de Dornelas e Tameiga.

Ao remate da reunión Arévalo e Costas anunciaron que desde o Concello de Mos estanse a realizar xestións para que outros operadores fagan inversión neste senso no municipio mosense e, para elo, o edil de Novas Tecnoloxías xa ten concertadas varias entrevistas con compañías operadoras de telefonía e internet para esta mesma semana, posto que hai varias empresas interesadas en facer ofertas de despregue de fibra óptica na localidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM