13 persoas fora do albergue municipal de Vigo ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar e o de Teis tamén completo

Por o 08/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
13 persoas fora do albergue municipal de Vigo ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar e o de Teis tamén completo

Esta noite pasaran 13 persoas fora do albergue ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar, esas 13 persoas pasaran a noite acollidas no campamento que leva dous anos na Praza do Rei, en total esta noite estarán pernoitadas 15 persoas contando coas dúas persoas que se están facendo cargo día a día coas persoas sen teito que non puideron entrar no albergue municipal por estar cheo.

A situación desta noite chega ata que o albergue de Teis, o albergue municipal e a acampada non foron capaces de albergar a todas as persoas en teito debido a que hai unha hora e media, unha persoa, un mozo, pediulles á acampada durmir nas súas instalacións, foilles imposible porque xa hai 15 persoas.

Esta persoa terase que buscar un lugar para acubillarse, pensan desde a acampada que se tentará refuxiar deste temporal nun caixeiro automático.

Na acampada chegaron a pernoitar ata 20 persoas facendo bo tempo, con este temporal xa se complica a cousa, xa durmindo 15 persoas non se dorme en condicións óptimas e complícaselles ata chegar o punto de que se lle é imposible aínda que queiran albergar a unha persoa máis.

 

A policía local achegouse ata o campamento para identificar a todas as persoas que están no campamento da Praza do Rei, como veñen facendo desde fai moitas noites. O campamento deulles as grazas á patrulla da policía local que se presentou esta noite xa que denuncian desde a acampada que toda a policía local non son iguais, segundo o representante Juan Carollo da acampada declara que esta patrulla desta noite emitiron chamadas aos albergues e puideron comprobar que están completos, mentres que no municipal quedaba sitio para dúas mulleres, na acampada esta noite teñen a dúas mulleres, unha delas non pode ir por diversas causas e a outra ten prohibida a entrada.

A policía local tomou rexistro de estes feitos acontecidos nesta noite, a policía local de Vigo leva facendo este labor de interesarse polas persoas sen teito e como a acampada da Praza do Rei e éselle imposible dar solución a este drama da cidade de Vigo.

Desde o campamento piden que se reinserten estas persoas xa que o que piden non é un hotel, piden outra oportunidade como ten calquera persoa na vida.

Desde o campamento ven vergoñoto a actuación do concello de Vigo ante esta problemática que leva anos sucedendo mentres o concello mira para outro lado.

Desde o campamento dan as grazas a todas as persoas que lles están botando unha man para que as persoas sen teito poidan comer quente e durmir baixo un teito.

Hoy sentimos vergüenza hasta nosotr@s .

Publicada por Acampada Vigo en Domingo, 7 de abril de 2019

Una respuesta para "13 persoas fora do albergue municipal de Vigo ao non dispoñer de lugar nel para pernoitar e o de Teis tamén completo"

  1. Gamela   08/04/2019 at 22:00

    Sinceiramente NON queremos seguir vivindo en Abel City !!!
    https://gamela00.blogspot.com/2018/12/abel-city.html

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.