14 Falecidos nas últimas horas e 21.613 contaxiados activos por coronavirus en Galicia

A día de hoxe hai 20.334 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A terceira vaga segue en datos elevados de casos e hospitalizacións, pero nesta xornada faino a un ritmo menor que onte. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.613, deles 5.855 son da área da Coruña, 1.978 da de Lugo, 2.968 da de Ourense, 2.154 da de Pontevedra, 3.681 da área de Vigo, 3.271 da de Santiago, e 1.706 da de Ferrol.

• A Coruña: 5.855 (+176) • Vigo: 3.681 (+1) • Santiago: 3.271 (-38) • Ourense: 2.968 (-12) • Pontevedra: 2.154 (+132) • Lugo: 1.978 (+24) • Ferrol: 1.706 (+37)

A presión hospitalaria continúa en valores máximos, aínda que o ritmo de crecemento hoxe é menor respecto ás xornadas anteriores.

Por primeira vez dende o 9 de xaneiro (había 342 persoas en planta), a cifra de ingresadas en planta redúcese. Porén, aumentan as persoas nas Unidades de Coidados Intensivos. Agora hai 1.279 persoas ingresadas nos hospitais galegos: 1.086 en planta (-7) e 193 (+15) nas UCI.

O número de PCR realizadas é de 1.370.436.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 74.288.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
21.613
                  536 usuarios
                  300 profesionais
FALECEMENTOS
1.702
                  295 residencias
                  370 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

3.511

 AULAS PECHADAS

169

 CENTROS PECHADOS

10

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Os falecidos nestas 24h

Home de 87 anos, no Cegadi (Santiago). Procedía da Residencia San Simón de Cacheiras.

Muller de 89 anos, no Chuo.

Home de 58 anos, no Chuo.

Home de 90 anos, no Hospital da Mariña (Burela).

Home de 66 anos, no Hula.

Muller de 76 anos, no Chuf.

Muller de 80 anos, na Residencia DomusVi de Carballo.

Home de 65 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Chuo.

Home de 81 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Hospital de Verín. Procedía da Residencia Santa María de Verín (Ourense).

Muller de 94 anos, no Chuo. Procedía da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos (Ourense).

Home de 93 anos, no Chuac.

Muller de 91 anos, no Chuo.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM