15N: Concentracións Nunca Máis! Non esquecemos, non á impunidade.

Publicado por o día 14/11/2013 na sección de Vigo

15N: Concentracións Nunca Máis! Non esquecemos, non á impunidade.

  A plataforma cidadá Nunca Máis convoca concentracións en toda Galiza para esta venres 15 de novembro. Esta mobilización quere expresar o maioritario rexeitamento social a unha sentenza que non depura as responsabilidades das e dos culpábeis da maior catástrofe natural da nosa historia. En Vigo será as 20:00 horas no MARCO.

  Pola súa parte, o partido galeguista Compromiso por Galicia ha mostrado o apoio ás concentracións convocadas en vilas e cidades de todo o País pola Plataforma Nunca Máis a través de Henrique Macías, responsable local de CxG que informou que a Executiva local de Vigo aprobou adherirse á citada convocatoria , facendo un chamanto a todos os vigueses e viguesas a participar.

Compromiso por Galicia considera que tras o coñecemento da sentenza, relativa ao afundimento de Prestige, a cidadanía debe manifestar o seu descontento por unha xustiza tardía e unha sentenza que non atopa responsables e polo tanto non dá lugar a reclamacións na maior desfeita ambiental da historia en Galicia.

  Macías indicou que, tras esta sentenza, Galicia queda orfa de Xustiza e ao contrario que outros grandes accidentes medioambientais non haberá responsables, nin reparacións polo dano causado, nin se recuperará o importe de millóns de euros destinados á limpeza e rexeneración do entorno mariño e litoral galego.

nunca-mais