17 de agosto, día da Galiza Mártir

“Todos os que amamos Galiza levaremos sempre no noso labre como un caravel inmorredoiro o nome de Alexandre Bóveda. Esa é a súa vitoria, ese é o noso compromiso” Avilés de Taramancos
Publicado por o día 17/08/2017 na sección de BNG,Eventos,Galicia,Política,Pontevedra

17 de agosto, día da Galiza Mártir

“Todos os que amamos Galiza levaremos sempre no noso labre como un caravel inmorredoiro o nome de Alexandre Bóveda. Esa é a súa vitoria, ese é o noso compromiso” Avilés de Taramancos

O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, xuntámonos en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda no día en que foi fusilado polos fascistas. Homenaxeamos a todas as mulleres e homes que loitaron pola xustiza e pola liberdade, que sufriron a mans do franquismo a represión, o cárcere, o exilio, a tortura, o asasinato…

PROGRAMACIÓN DOS ACTOS:

  • 13h. Acto institucional na Caeira, Poio (lugar do fusilamento de Alexandre Bóveda)
  • 14.30h. Xantar de Galiza Nova
  • 17.30h. Roteiro Xoán Manuel Pintos (dende a R/ Xoán Manuel Pintos, Pontevedra)
  • 20.30h. Acto político do BNG na praza de Curros Enríquez (Pontevedra) coa participación de Demetrio Gómez (Responsábel Comarcal do BNG) e Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG)