17 de Octubre, Día contra la riqueza

Publicado por o día 17/10/2013 na sección de Vigo

17 de Octubre, Día contra la riqueza

  El 17 de Octubre se celebra en todo el mundo el día internacional por la erradicación de la pobreza.   

pobreza_riqueza_web

   Hoxe celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) queremos celebrar publicamente esta data, que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, organizaremos dúas actividades:

– A charla “A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social”, que terá lugar o sábado 19 de outubro ás 18:00 horas nos baixos da Parroquia Cristo da Victoria (r/ Baiona, 9 – Coia), e a través da que pretendemos afondar no concepto de Renda Básica e debater sobre a súa idoneidade como instrumento para erradicar a pobreza a través da repartición da riqueza e da distribución da renda, e para defendernos da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.

– Unha concentración e rolda de prensa o mércores 23 de outubro ás 11:30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Por unha banda, presentaremos a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; por outra, esixiremos unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.