17 de outubro: acto de rúa pola erradicación da pobreza

Por o 15/10/2017 | Sección: Galicia,Os Ninguéns,RSP,Social,Vigo
17 de outubro: acto de rúa pola erradicación da pobreza

Os colectivos RSP Vigo e Os Ninguéns convocamos o martes día 17 de outubro, ás 19:30 na farola de Urzáiz unha concentración para reivindicar o fin da pobreza no mundo, empezando pola nosa cidade, na que acontecen graves carencias de necesidades básicas.

Este ano, celébranse 25 anos da declaración do día Internacional para a erradicación da pobreza, así como o 30 aniversario da chamada á acción que fixo Joseph Wresinski, alicerce do proceso para que sexa recoñecido este día polas Nacións Unidas.

O compromiso de acción, fai que persoas que viven en situación de extrema pobreza rompan o seu silencio e actúen en solidariedade con quen aspiran a loitar ao seu lado.

A participación activa das persoas que viven nesta situación extrema é fundamental para o éxito do noso obxectivo, que é o fin da pobreza.

Por iso, o movemento Internacional ATD Cuarto Mundo, do cal Joseph é fundador, lanzou unha campaña mundial de movilización chamada “Pobreza nunca máis. Actuar todos pola dignidade”.

Así, invítanos a participar de diversos modos para concienciar sobre a necesidade de construír unha sociedade que non deixe a ninguén atrás.

O 17 de outubro de cada ano reunímonos para mostrar os sólidos vínculos de solidariedade que existen entre persoas que viven en situación de pobreza e persoas de todos os ámbitos da sociedade, así como o noso compromiso de traballar individual e colectivamente para superar a pobreza extrema e terminar coas violacións dos dereitos humanos.

Un importante compromiso que consiste en honorar a dignidade humana das persoas que viven en situación de pobreza e loitar para poñer fin á discriminación, á humillación e á exclusión social da que son obxeto.