18.286 casos activos por coronavirus e falecen nestas últimas horas 9 persoas en Galicia das cal 3 en Vigo

A día de hoxe hai 17.319 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.286, deles 4.826 son da área da Coruña, 1.545 da de Lugo, 2.568 da de Ourense, 1.579 da de Pontevedra, 3.349 da área de Vigo, 2.947 da de Santiago, e 1.472 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 142 están en UCI, 825 en unidades de hospitalización e 17.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 65.375 persoas curadas, rexistrándose 1.608 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.309.379.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
18.286
               513 usuarios
               259 profesionais
FALECEMENTOS
1.608
              278 en residencias
               361 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

2754

 AULAS PECHADAS

135

 CENTROS PECHADOS

5

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Os falecidos nas últimas 24h

Falecen 9 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Home de 57 anos, no CHUAC.

Muller de 83 anos, no Hospital Público da Mariña (procedente do asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo).

Home 86 anos, no Hospital Público de Monforte.

Muller de 70 anos, no CHOP.

Muller de 83 anos, no CHUVI.

Home de 84 anos, no CHUVI.

Home de 59 anos, no CHUVI.

Home de 75 anos, no CHUF.

Home de 86, no CHUF.

Todos eles presentaban patoloxías previas.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario