19ª Marea Branca en A Coruña e Pontevedra

O sábado 17 haberá concentración en Pontevedra na Praza da Peregrina ás 12:30 horas e o domingo 18 será na Praza do Obelisco de A Coruña tamén ás 12:30.
Publicado por o día 15/12/2016 na sección de Protestas,Sanidad,Vigo

19ª Marea Branca en A Coruña e Pontevedra
Neste ultimo trimestre perdéronse 2 postos de traballo do sector sanitario cada 5 minutos en todo o estado español según datos da Seguridade Social. 
 
A escaseza de persoal en centros de saúde ou centros sociais, está provocando cancelación de citas e unha atención deficiente en centros de maiores do SERGAS. 
 
Seguen a provocarse colapsos nas urxencias do CHUAC e noutros hospitais de Galicia. As pacientes teñen que esperar horas para poder ser atendidas polos especialistas.
 
Unhas situacións que non paran de producirse ante a desgana e o interese por afundiar a sanidade pública por parte dos actuais xestores do SERGAS.
Rexeitamos taxántemente as recomendacións do FMI sobre recortes o novos copagamentos en sanidade. Temos que recordar que España é un dos paises da OCDE con menor coste por habitante en sanidade. E estamos moi por debaixo da media en costo total dos países dese organismo.
A realidade marca o camiño contrario, é necesario invertir mais en sanidade para que toda a cidadanía teña acceso a unha sanidade digna, porque hay moitas e moitos que non poden pagar as súas medicinas e estan a morrer ou a empeorar as súas patoloxías. Seguimos sen un plan de prevención do suicidio cando temos A Coruña e Lugo como as provincias con mais suicidios de todo o estado español. Máis dun suicidio ao día en toda Galicia.
Por todo isto e moito mais, seguiremos a sair á rúa tódolos terceiros domingos de mes que fagan falla, xunto co resto das mareas blancas do estado español, para tentar poñer fin ao sufrimento que centos de miles de galegas e galegos estan a padecer ante a inacción e a falta de empatía dos actuais xestores do SERGAS.