2.500 persoas gozaron este verán das visitas teatralizadas á Finca Mirambell

O rexedor convida a todo o mundo a asistir este xoves pola tarde ás últimas representacións da vida romana que terán lugar ás 20 e ás 21 horas en Toralla
Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

2.500 persoas gozaron este verán das visitas teatralizadas á Finca Mirambell

O rexedor convida a todo o mundo a asistir este xoves pola tarde ás últimas representacións da vida romana que terán lugar ás 20 e ás 21 horas en Toralla. 

Abel Caballero informou este xoves do remate das visitas teatralizadas no Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla onde un arqueólogo explica o día a día da vida na antiga Roma para divulgar a historia e o noso patrimonio.

O alcalde dixo estar “moi satisfeito” co resultado da experiencia pola que pasaron este verán máis de 2.500 persoas, que puideron gozar da recreación da cultura, da loita de gladiadores, da danza ou da venda de escravos, de forma gratuíta.

Así, recomendou a todos os que non asistiran que o fagan na sesión dobre deste xoves pola tarde, a primeira ás 20:00 horas e a segunda ás 21 horas.