2 días de folga de pediatras e médicos/as de Atención Primaria en Vigo tivo o seu culme na farola da rúa Urzaiz

Por o 22/05/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
2 días de folga de pediatras e médicos/as de Atención Primaria en Vigo tivo o seu culme na farola da rúa Urzaiz

Os que se manifestarón hoxe aquí na farola de Urzaiz somos MÉDICAS e MÉDICOS: pediatras e médicos/as de familia que traballan na Atención Primaria, os que vos atenden a diario nos centros de saúde, os vosos médicos e pediatras de cabeceira.

No seu traballo diario fan o que sempre quixeron facer, desempeñar una profesión que é a sua vocación e para a que se prepararon o longo de moitos anos. Intentan curar, sempre que se poida, aliviar en calquera caso e sempre estar a beira do que sofre para, polo menos, confortar.

Todo o colectivo ten uns valores que definen os seus compromisos profesionais. “Adquirimos compromiso coas persoas, coa sociedade en xeral, coa mellora continua do noso traballo e coa ética”, manifestan os alí asistententes.

“Vos, as persoas, dades sentido á nosa profesión, confiádesnos o voso coidado, o dos vosos país, os vosos fillos… Permitides que entremos nas vosas vidas, nos vosos fogares, que compartamos os vosos problemas.. e todo iso o longo de anos, cando non de toda a vida. Esto é, repito, o que dá sentido a nosa profesión” engaden os profesionais que estiveron 2 días de folga existosa.

Manifesto

E dito isto, preguntarédesvos: QUE FACEMOS AQUÍ? QUE PEDIMOS?

Estamos hoxe aquí porque nos sentimos na obriga de reclamar unha atención sanitaria óptima para todos os cidadáns.

Levamos xa moito tempo pedindo MELLORAS NA ATENCION SANITARIA na nosa área, tanto no ámbito da ATENCION PRIMARIA, como no da ATENCION HOSPITALARIA.

Os médicos e médicas e pediatras de AP desempeñamos o noso traballo diario en condicións que están muy por baixo dos estándares desexables, sen tempo para atender ás necesidades dos nosos pacientes.

E a diario vivimos con vos situacións que cada vez son máis frecuentes, demasiado frecuentes, que vos producen angustia e preocupación, e a nós, impotencia ao non poder solucionalo.

Cáusanos gran tristeza cada vez que nos dicides cousas como éstas:

– Doutora, dixéronme que me chamarían para darme a cita do hospital e aínda non me chamaron…xa pasaron tres meses. ¿Sabe vostede cando me chamarán?.

– Pedíume o especialista una proba para saber o que teño pero aínda non me deron a cita. ¿Non se pode facer nada?. Non sei onde preguntar ou a onde chamar.

– Doutora, veño poucas veces, e cando veño aproveito para consultarlle moitas cousas, pero vexo que hoxe hai moito atraso e moitas urxencias ¿non?. Xa non me atrevo a preguntalo todo, ¿daralle tempo?.

– Vai tardar moito en volver desa Urxencia que lle chamou o 061 fora do Centro? É que xa levo media hora esperando para a súa consulta e si ten que saír, a saber a que hora volve.

– Doctor, é certo que non hai pediatra para poñer, agora que se xubilou o de sempre?

– A niña médica está de baixa desde fai 2 meses e non a substitúen, non me dan cita e cada vez que veño aténdeme un distinto.

– Non sei que pasa, antes dábanme cita para vostede en 1-2 días e agora tardan unha semana..

Sóavos esto, ¿verdade?

Estas e outras moitas situacións similares son as que os meus compañeiros e máis eu compartimos cos pacientes diariamente nas nosas consultas, coa angustia de non poder dar unha resposta.

Por todo iso PEDIMOS:

1- Tempo mínimo de consulta médica en AP para prestar unha correcta atención aos pacientes, 10 minutos, cun límite máximo de pacientes por xornada laboral ordinaria.

2- Garantir o acceso dos pacientes á atención hospitalaria coa redución de listas de espera e eliminación de buzons virtuales.

3- Facilitar o acceso “real” desde AP á tecnoloxía diagnóstica.

4- Dotar aos centros de saúde dos recursos tecnolóxicos necesarios para prestar unha correcta atención sanitaria.

5- Dimisión do actual Xerente da EOXI de Vigo.

Para rematar, PEDIMOS DESCULPAS polos prexuízos que estes dous días de folga poidan ocasionar á cidadanía e aos nosos compañeiros dos servizos de urxencias. Con todo, tomamos a decisión de adoptar esta medida extrema ante a resposta dos nosos actuais xestores que consistíu en:

1. Negar as evidencias ante as nosas protestas.

2. Promesas baleiras de compromiso.

3. Mentiras e ofensas dirixidas cara ao colectivo profesional, menosprezando o noso quefacer e esforzo diario.

Tapáronse ollos e oídos ante a situación real que tantas veces lles expuxemos e denuncimos os profesionais de Atención Primaria ao longo dos últimos anos e para o que vimos pedindo solución desde fai moito tempo, demasiado.

PEDIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA UNIVERSAL E IGUAL PARA TODOS.

POR UNHA ATENCION PRIMARIA DIGNA.

XERENTE DIMISIÓN. CONSELLEIRO SOLUCIÓN.

COMITE DE HUELGA DE MEDICOS DE ATENCION PRIMARIA AREA DE VIGO

Julia Bóveda Fontan .Marta Delfín Vázquez. María Pilar Fandiño Pena. Alberto García Pazos. Luciano Garnelo Suarez. Ignacio González Yebra-Pimentel. Luis López Vilar. Carmen Loureiro Veloso. Ángeles Lora Sánchez. Julio Enrique Prado Domínguez. Juan Sánchez Lastres. María Jesús Soto Vázquez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.