2 Inidividuos + 1 Faixa

Publicado por o día 25/10/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

2  Inidividuos + 1 Faixa

Dous dos integrantes da plataforma contra o desmantelamento de Redondela, apareceron unha vez máis nun acto oficial, manifestando o seu descontento contra as decisións tomadas así como a loita pola súa comisaría local e independente. Tras unha entrevista cunha das integrantes afirma que “non podemos solicitar unha concentración pois estamos seguros de que sería desaprobada pola subdelegación de goberno como en casos anteriores” e explica “cando fixemos a primeira concentración foi solicitada por catro representantes.

Este desmantelamento estaba previsto para mediados de maio adiantándose tras unha reunión vespertina para o día nove do mesmo mes, motivo polo cal a concentración foi solicitada apelando ao carácter urxente da mesma e sendo rexeitada ao mesmo tempo, por parte da subdelegación ao non contar coa anticipación indicada” ademais, esta afirma que “contamos con outro engadido e é que estaba prevista ás portas da comisaría da policía nacional situ en Redondela polo cal supoñería un corte de tráfico, problema aos que nos anticipamos” onde o concelleiro de interior naquel momento, os citou dende o primeiro momento para ofrecerlles toda a súa axuda e colaboración por parte del e de todo o seu equipo de goberno pero “valorando isto, inda como posible seguinte escusa por parte da subdelegación, a plataforma decidiu celebrala na coñecida, céntrica e peatonal zona da farola e sendo así comunicada mediante correo electrónico, fax e carta certificada para que non houbese motivos que alegar, como por exemplo que non fora recibida; observando que non estaban conformes á que a levásemos a cabo”.

Con isto o que nos quere explicar esta integrante é que “moitos veciños non entenden porque acudimos ás portas deste auditorio tan só dous membros e o motivo é o seguinte: se unha concentración pacífica de carácter informativo para os veciños, onde eles poden decidir nunha tarde que ao día seguinte os policías serán destinados a Vigo, e onde a nós como plataformas nos puxeron trabas, ¿permitiríannos realizar unha concentración ás portas do edificio onde se está a celebrar un mitin, de campaña electoral, formando parte dos invitados o ministro de interior, a presidenta da deputación así como a mesma subdelegada de goberno, entre outros?”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.